Xinzo de Limia

Convocatoria ao comercio de Xinzo

Venres 27 ás 20:30 no salón de plenos do Concello
candy-concello

O Concelleiro de Facenda e Promoción Económica Manuel Pérez Campos  convoca por mediación de Prolimia aos comerciantes de Xinzo  para pro en marcha a campaña de dias azuis e o concurso de escaparatismo.

A convocatoria é para as 20:30 no salón de plenos do Concello.

XA HAI DIRECTIVA PARA A ASOCIACIÓN

Fai dous días o propio concelleiro manifestou que segundo el ten coñecemento xa hai 4 persoas dispostas para facerse cargo da directiva da asociación. Segundo as súas propias manifestacións, estase a espera de outras dúas persoas máis para incorporarse a nova comisión. Non obstante o cambio tense que facer nunha asemblea xeral que tería que ser convocada para que todos os socios que aínda pertencen a asociación dean  o seu visto bo a nova formación da directiva e poder reactivar a asociación de comerciantes e empresarios da Limia ProLimia.