Xinzo de Limia

Elvira Lama e Manuel Pérez asisten a varios actos na tarde do sábado

IMG_20190622_185215

 

A alcaldesa Elvira Lama estivo acompañada en todo momento, polo concelleiro Manuel Pérez no festival que os membros da ESMULI ofreceron ao público na Casa da Cultura de Xinzo como fin do curso 18/19.

Ademais dos compoñentes da escola tamén actuaron os membros da Coral Sta. Mariña, que fai uns meses se uniron a ESMULI baixo a dirección do mestre Tielas.

Polo escenario foron pasando os compoñentes da escola,  a maioría deles en formacións dun mesmo instrumento.

IMG_20190622_183332

 

ENTREGA DE MEDALLAS NO PAVILLÓN

Unha vez rematado o concerto , a alcaldesa acompañada do concelleiro desprazáronse ata o pavillón de deportes para asistir a entrega de medallas a todos os participantes dos equipos de minibasket, que  dende as 10 da mañá  tiveron unha xornada de competición organizada polo club de Xinzo, como remate a tempada.

Pasadas as 19:30, fixéronlle entrega das medallas e agasallos a tódolos participantes facéndose a foto de familia coa totalidade dos equipos, adestradores e voluntarios, así como cos membros dos equipos de Xinzo.

                               IMG_20190622_194814