Xinzo de Limia

Festival de Fin de Curso 2017-2018 da Escola Municipal de Gaitas e Percusión de Xinzo

Será este xoves, 14 de xuño, ás 20:00 h no salón de actos da escola

escola de gaitas
Cartel fin de curso da escola de gaitas

Este xoves 14 de xuño, ás 20:00 h , terá lugar o Festival de Fin de Curso 2017-2018 da Escola Municipal de Gaitas e Percusión de Xinzo de Limia.

 

O lugar onde se celebrará o evento será no local da escola, cercada na R/Lepanto 3.

 

A dinámica deste festival será que moitos dos alumnos e alumnas que este ano estiveron aprendendo na escola, participen, de tal maneira que poderemos atoparnos con nenos e nenas de oito anos así como veteranos de setenta.

 

Pequenos grupos de diferentes niveis tocarán os seus instrumentos: pandeiretas, caixón flameco, gaitas...

 

Espérase a participación duns 80- 90 alumnos e a entrada é totalmente libre