Xinzo de Limia

"Sen ir Máis Lonxe", campaña de apoio aos comercios locais: "É o momento de estar con eles"

O comercio local precisa hoxe de máis axuda que nunca, despois do parón como consecuencia da crise sanitaria. É por iso que desde o GDR Limia-Arnoia acaban de lanzar esta campaña para impulsar a economía dos 25 concellos que forman parte do mesmo, entre eles Xinzo, a través dos seus pequenos negocios. 

"É tempo de apostar polo comercio de proximidade, de arrimar o ombreiro e ir mercar á pequenas tendas de roupa, calzado, librarías, ferreterías, alimentación, de agasallos, ... é tempo de apoiarnos entre todos e todas", proclaman os impulsores desta iniciativa.

A campaña, que leva por nome "Sen Ir Máis Lonxe", é o resultado do traballo conxunto do GDR, os concellos e os comerciantes:  "Eles estiveron sempre con nós, é o momento de estar con eles. Coidemos ao pequeno comercio".