Xinzo de Limia

Mañá xoves última xornada sobre ciberseguridade para adultos

Ás 19:00 na Casa da Cultura
Ciberseguridad-min-min

Mañá xoves 10 de outubro  rematarán as xornadas sobre ciberseguridade  que ven organizando o Concello subvencionadas pola Xunta de Galicia e impartidas pola UNED.

A partir dás 19:00 na Casa da Cultura Efrén Varón Gil, membro da Unidade de Ciberseguridad da Garda Civil, falará para os adultos sobre o uso das redes sociais e o emprego responsable por parte dos menores.

Tamén relatará sobre a seguridade nos dispositivos móbiles e os riscos dos datos publicitados en RRSS.

Tamén  tratará sobre os delitos máis frecuentes que se cometen na rede como son as estafas, calumnias, inxurias etc.

As xornadas esta semana estiveron dirixidas ao alumnado dos IES de Xinzo.