Xinzo de Limia

XINZO EN MARCHA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

"As mulleres que conversan son perigosas"

Café Rudi ás 18:30 o sábado día 23
999
999

En torno a este suxerente título e cunha taza de café , as mulleres de Xinzo e outros lugares, mulleres de todas as idades, profesións, ideoloxías e orientacións sexuais, mulleres con discapacidade, mulleres activas ou en paro, mulleres coidadoras e coidadas, todas as mulleres queremos compartir testemuñas, vivencias, retos, logros, amenazas e oportunidades. Querémolo facer xuntas e querémolo facer contigo.

3