Xinzo de Limia

O Museo Galego do Entroido, en Xinzo de Limia, abre ao público en sesións de mañá e tarde, coa xestión da Deputación de Ourense

O acordo de transferencia das instalacións, foi asinado hoxe entre Manuel Baltar e o alcalde de Xinzo de Limia, Manuel Cabas.

IMG_0749

A Deputación crea, ademais, o Consello Asesor do Museo Galego do Entroido, do que formará parte o Concello de Xinzo; a asociación "A Pantalla", e as entidades da provincia de Ourense nas que o entroido teña un especial arraigo e aquelas sen ánimo de lucro que realicen actividades de conservación e difusión do entroido ourensán.

Manuel Baltar e o presidente da asociación "A Pantalla", Carlos Valle, asinaron tamén hoxe o convenio de colaboración que establece a cesión de uso á asociación dun espazo no Museo Galego do Entroido e da xestión da colección monográfica da asociación, depositada no museo.

IMG_0734No marco da sinatura destes convenios, presentouse a programación provincial de entroidos 2019, que contará con máis de 300 actividades en 34 concellos ao longo de 18 días, "amosando a riqueza cultural, etnográfica e turística de Ourense como a provincia do entroido por excelencia", destacou Baltar.

"Hoxe é un día importante para Xinzo, para Galicia e para o entroido, porque a Deputación asume a xestión deste museo, coa colaboración do concello e da asociación "A Pantalla", un espazo expositivo único en Galicia de exaltación da riqueza do noso carnaval", afirma Manuel Baltar.

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, asinou hoxe co alcalde de Xinzo de Limia, Manuel Cabas, o convenio por medio do cal a Deputación asume a xestión do Museo Galego do Entroido, situado en Xinzo de Limia, o que permitirá que este espazo expositivo abra as súas portas de maneira regular, en sesións de mañá e tarde, "poñendo a disposición do público, coa colaboración do Concello de Xinzo e da asociación "A Pantalla", un espazo expositivo único en Galicia que amosa a riqueza do noso carnaval", expresou Baltar no acto de sinatura do acordo.

O convenio de transferencia das instalacións permite que a Deputación de Ourense asuma este servizo en réxime de competencia propia e como servizo publico cultural de carácter supramunicipal, de cuxa xestión encargarase unha empresa. A Deputación crea, ademais, o Consello Asesor do Museo Galego do Entroido, do que formará parte o Concello de Xinzo; a asociación "A Pantalla", e as entidades locais da provincia de Ourense nas que o entroido teña un especial arraigo e aquelas sen ánimo de lucro que realicen actividades de conservación e difusión do entroido ourensán.IMG_8290

Manuel Baltar e o presidente da asociación "A Pantalla", Carlos Valle, asinaron tamén hoxe o convenio de colaboración que establece a cesión de uso á asociación dun espazo no Museo Galego do Entroido e da xestión da colección monográfica da asociación, depositada no museo.

No marco da sinatura destes convenios presentouse a programación provincial de entroidos 2019, que contará con máis de 300 actividades en 34 concellos ao longo de 18 días, "amosando a riqueza cultural, etnográfica e turística de Ourense como a provincia do entroido por excelencia", destacou Baltar

O presidente do goberno provincial afirmou que hoxe "é un día importante para Xinzo de Limia, para Galicia e para o entroido, porque a Deputación asume a xestión deste museo, coa colaboración do concello e da asociación "A Pantalla", un espazo expositivo único en Galicia de exaltación da riqueza do noso carnaval, que será, sen dúbidas, un foco de atracción turística", expresou Manuel Baltar, engadindo que concello e deputación cooperan; "facemos efectivo un acordo plenario de ámbalas dúas institucións para poñer a disposición dos visitantes unha infraestrutura cultural que servirá de atracción para a zona".

O presidente da Deputación tamén se referiu ao acordo coa asociación "A Pantalla", destacando "a cesión de uso que asinamos hoxe para que esta asociación, propietaria dunha importante aportación que forma parte dos fondos museísticos deste espazo expositivo, siga realizando a súa actividade a prol da cultura do entroido".

IMG_8288Manuel Baltar amosouse "plenamente satisfeito" de que por medio destes acordos de colaboración "o entroido de Ourense e de Galicia siga a escribir a súa historia con maiúsculas, mantendo e dinamizando unha tradición secular que todos temos a obriga de seguir conservando".

En canto ao programa de entroidos da provincia de Ourense os 34 concellos que desenvolverán actividades son: Ourense, Manzaneda, A Pobra de Trives, Verín, Viana do Bolo, Vilariño de Conso, Bande, Maceda, Xinzo de Limia, Entrimo, Laza, Ribadavia, A Veiga, Vilardevós, O Carballiño, Maceda, Barbadás, O Bolo, Castrelo do Val, Cualedro, Maside, Muíños, Parada de Sil, Cartelle, Riós, A Merca, Boborás, Esgos, Oímbra, Allariz, O Barco de Valdeorras, Melón, Toén e Celanova. O programa, do que a Deputación de Ourense editou máis de dez mil exemplares cos eventos festivos do entroido que terán lugar entre o 21 de febreiro e o 10 de marzo, está a disposición do público en establecementos hostaleiros e hoteleiros da provincia e doutros puntos de Galicia.