Xinzo de Limia

OS NENOS E NENAS DO CAMPAMENTO URBÁN PASARON A MAÑÁ NO HIPÓDROMO DE ANTELA

20180705_111636
20180705_111636

Como todos os anos a Concellería de Deportes, Educación e Xuventude do Concello de Xinzo de Limia organiza, os seus xa tradicionais campamentos deportivos e campamento urbano deportivo durante todo o mes de xullo en colaboración cos clubes deportivos A. B. Xinzo, A. D. Limiactiva e E. D. C. Xinzo. Estes campamentos están preparado para nenos e nenas nados dende o 2005 ata o 2011 e para os nados de 2012 e 2013.

O nenos e nenas do Campamento Urbán Deportivo fixeron esta mañá unha saída para realizar unha actividade diferente acompañados por Luis Miguel Gil, concelleiro de Deportes de  Xinzo. Hoxe os cativos e cativas visitaron o Hipódromo de Antela, onde fixeron un percorrido polas instalacións, viron os animais e, os que quixeron, poideron montar e dar unha volta nun poni. A actividade comezou as 10:45 coa saída en autobus dende a Case de Cultura e rematou pasadas as 13:00h na piscina municipal exterior

hipodromo

Os nenos e nenas estaban moi emocionados e con moitas ganas de ver os animais e xogar, As caras de satisfacción con que regresaron os cativos era o refrexo do desfrute da xornada entre cabalos que pasaron.