Xinzo de Limia

Pleno extraordinario para a aprobación dun Expediente de suplemento de crédito con cargo ao superávit orzamentario do ano 2019

Abriu a sesión extraordinaria a alcaldesa Elvira Lama, para darllea palabra a secretaria do Concello para que dera lectura ao expedente de modificación.

A continuación a Presidenta deulle a palabra no primeiro turno de intervención ao portavoz do grupo Popular no Concello Sr. Fernández

Este quixo deixar claras tres cuestión referentes ao estado das arcas e do presuposto municipal que eles deixaron. As dúas primeiras que conta con superávit e estabilidade presupuestaria

                               As contas do Concello están saneadas para poder facer unha modificación de crédito tan importante e a terceira, demostra liquidez, para poder afrontar ese cambio tan importante de cartos .

Isto demostra que a herdanza tan caótica como podemos ver nos medios de comunicación, non é tal posto que se pode facer este traspaso.

Quería o portavoz maior informe, sobre onde se pensa facer o gasto ou inversión deses cartos. Cultura, obras etc.

A resposta ao portavoz do PP, veu da man do conelleiro de facenda Sr. Pérez Campos, o que comezou a súa intervención diciendo que:  efectivamente a diferenza entre os ingresos e gastos e de un pouco máis de 300.000 €. A nos gustaríanos ter eses cartos para facer cousas, pero encontrámonos que moitas delas xa están superadas, algunhas incluso despois de que se lle inxectaran cartos ao longo deste exercicio, como poden ser as de cultura ou pago de autobuses para deportistas.

Inquiriu o concelleiro aos membros do PP, para que lle explicaran en que se gastaron en Cultura máis de 200.000 €, se o único que fixeron foi o Entroido. No referente ás festas de Sta. Mariña, presupostaron 30.000 € e xa deixaron comprometidos dez mil euros máis. Recordarlle que as orquestras e actuacións xa quedaron contratadas.

Por outra banda é verdade que deixaron un millón catrocentos mil euros, que nos non negamos, pero eses cartos solo chegan para os gastos ata o mes de agosto. O que nos quixeramos saber que fixeron cos tres millón largos de anticipos da Deputación. O Concelleiro respostouse así mesmo indicaron que estes gastos foron para a campaña electoral. Gastáronse 3 millóns de euros en 5 meses. A nos solo nos deixaron migallas.

O resto dos cartos restantes , despois de poñer a cero as contas de Cultura e Deportes, irán entre outras cousas, para reparar pistas de concentración, e non poderemos facelas todas este ano,loxicamente, porque vostedes se esqueceron de facelo no seu mandato.

Continuou dicindo o concelleiro, que tamén nos medios de comunicación afirmaron vostedes (PP),que a débeda deste Concello chegou a ser do 130%. Iso recoñéceno  agora, cando eu llo dicía nos plenos, vostedes negábano, se quere pódeno  comprobar nas actas. Pois por ese problema aos veciños se lles incrementaron os impostos nun 50%.

Tomou a palabra a Sra. Lama portavoz do grupo de Cidadáns,  para recoñecer publicamente a labor que están a levar tanto ela como o grupo de concelleiros que a están apoiando. Felicitacións a todos pero sobre todo a ela por ser admirable, pola súa valentía como muller a fronte do concello.

Elvira Lama agradeceu as verbas pronunciadas pola Sra. Lama, fac´ndoas súas para manifestar a continuación que “as mulleres temos que loitar no momento que sexa e contra quen sexa. Este equipo de goberno que teño a honra de presidir está traballando a reo para darlle aos veciños do noso pobo os servizos públicos necesarios que se merecen , e sempre pensando no interese xeral de todos.

Na réplica o portavoz do PP  manifestoulle ao concelleiro de Facenda, que como técnico en  temas de números e como xa viu moitos presupostos ao longo da súa traxectoria                                política, ven puideron pórse a traballar nun novo presuposto e así non terían os problemas que di que están a ter. Ironicamente o Sr. Fernández insinuoulles que si se lles fai moi grande o goberno que o deixen que eles, como grupo máis votado nas últimas eleccións se farán cargo sen problema.

Nós gastamos en Cultura, deixando as festas feitas, en deportes, efectivamente e todo cambiando partidas , e aínda así quedoulles liquidez. Xa faltan solo 5 meses para acabar este presuposto e despois veremos a quen lle botan as culpas cando teñan que cambiar partidas ou facer aprobación de créditos extraxudiciais. Repito gobernen e déixense de demagoxias, que a oposición agora somos nos.

Tomou a palabra a alcaldesa para respostar ao portavoz do PP .

Todo o que deixaron de remanente, non foi un xesto de xenerosidade pola súa parte, foi unha deixadez de función por non haber aprobado os orzamentos en tempo e forma no ano 18. Estiveron máis ocupados noutras modificación para atallar os excesos, por exemplo no Entroido.

Este grupo de goberno, dende o minuto un está a traballar, con escasos recursos, para que os servizos funcionen para  todos os veciños, por igual, por igual.

Levamos días desfacendo “entuertos”, que deixaron vostedes, obras innecesarias nalgún pobo, cando no do lado o pozo de subministro de auga, perde como un cesto.

Para vostedes son antes esas cuestións que arranxar, por exemplo pistas que están nun estado calamitoso.

É mais importantes poñer columbios novos e ofrecer aparcamentos dos que non hai agora nada de nada feito,  e beira rúas novas, que reparar os aparatos en outros parques que están tamén  nun estado ruinoso.

 Continuo Elvira reprochando ao grupo do PP, que considerándose tan elegantes, non solo deron os 100 días a este grupo para que se asentara, se non que dende o minuto un estiveron metendo escritos con preguntas e preguntas, que loxicamente as que non se lle contestaron xa, serán contestadas. Nin unha semana  de tregua. Por exemplo, deixaron vostedes organizadas e contratadas as festa e despois preguntan por que non se fixo unha comisión veciñal, para que, para organizar o que vostedes deixaron feito?. Recórdolle que na conta de Cultura a falta de sete meses para rematar o ano había 117 euros.

Con respecto ao que di da aprobación dos novos orzamentos, vostede Sr. Fernández, que foi concelleiro de Facenda precisamente, sabe que uns orzamentos, non se preparan e aproban en escasos 40 días de goberno. Non podemos enganar a opinión pública. Nos traeremos os orzamentos a este pleno en tempo e forma para que entren en funcionamento o primeiro do ano 2020. Pero serán os nosos orzamentos cunhas prioridades que non van a ser outras que os intereses dos veciños.

Gobernar un concello, non é facer obras de retranqueo de cristais na Casa da Cultura, cando o teito está metendo auga a coitío, ou deixar obras adxudicadas para facerlle un regalo no pobo de algún amigo seu. Iso non é optimizar os recursos públicos.

Para rematar a Sra. Lama aclaroulle que eles o que teñen que facer agora é oposición, pero unha oposición construtiva, como fixemos os membros que agora formamos o grupo de goberno, criticando cando había que facelo e felicitándoos cando eran merecentes diso.

Solicitou que fagan unha crítica construtiva, porque nos si sabemos gobernar e verano vostedes moi pronto.

Rematou o pleno coa votación ao punto da orde do día contando cos votos a favor dos concelleiros do grupo de goberno e coa abstención dos do PP e Cs.