Xinzo de Limia

Programación para conmemorar o “Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres”

IMG_4595 3
IMG_4595 3

O Centro de Información ás Mulleres do Concello de Xinzo, a Cruz Vermella e o C.D.R. O Viso, únense un ano máis para desenvolver a programación das actividades nos IES e CEIP da comarca, destinadas a conmemorar o 25 de novembro “Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres”.

Coa finalidade de visibilizar e concienciar á poboación xuvenil e a nenos e nenas sobre o problema que supón a violencia contra as mulleres levaranse a cabo diversas actividades ao longo de toda a semana, baixo o lema “Coeducando dende a igualdade de xénero”.

Os días 19, 20, 21 e 22 irase aos CEIP da comarca (Sandiás, Rairiz de Viega, Vilar de Barrio, Sarreaus, Os Blancos, Baltar e Xinzo) a realizar unha serie de dinámicas encamiñadas a reflexionar sobre os roles e estereotipos de xénero, co obxectivo final de promover a igualdade entre rapaces e rapazas.

O 23 levaranse a cabo nos IES Cidade de Antioquía e Lagoa de Antela diversas dinámicas encamiñadas a sensiblizar a rapazas e rapazas sobre a violencia contra as mulleres, á detección de conductas violentas dentro da parella, incluídas as que se exercen de forma sutil baixo a idea do amor romántico. 

Dende o CIM tamén se están a organizar uns obradoiros que se impartirán ao longo da semana do 25.

O 19 impartirase o módulo de Sensibilización en Igualdade de Xénero dentro do Obradoiro de emprego dual 2018 dos concellos de Xinzo e Baltar.

Os días 19, 20, 21, e 22 en colaboración coa Asociación Escola Rural de Saúde da Limia, impartirase o obradoiro “Educando dende a igualdade de xénero”, na Casa da Cultura de Xinzo, en Arnuide e nos concellos de Sarreaus e Porqueira.

O 21 en colaboración coa Academia Zero impartirase ao alumnado do curso de Atención Sociosanitaria a persoas dependentes en Institucións sociais o obradoiro “Educando dende a igualdade de xénero”

O 23 no IES Cidade de Antioquía impartirase tamén o Obradoiro “Educando dende a igualdade de xénero”.

O CIM tamén se organiza para o día 25 en colaboración coas Concellerías de Urbanismo, Cultura e Deporte, Limisi e Protección Civil a “1ª Andaina a prol da eliminación da violencia contra as mulleres” (a inscrición para participar na mesma realizase en dependencias municipais ata o día 23). A saída en autobús será ás 9:30 da Praza Carlos Casares de Xinzo que trasladará ás persoas participantes ata o Monasterio de Trandeiras, onde comezará a Ruta Franciscana, cun percorrido circular de 7Km.

De regreso á Praza Carlos Casares, onde estará instalada unha mesa informativa ao longo da mañán e sobre as 12:30, procederase á Lectura do Manifesto.

Para rematar o acto degustaranse uns aperitivos.