Imprimir

Os Reis Magos xa estiveron en Xinzo

xinzodelimia.es | 18 de diciembre de 2019

IMG_20191217_113401
IMG_20191217_113401
Visitaron o alumnado dos CEIP Carlos Casares e Rosalía de Castro

Onte, 17 de Decembro, durante a mañá as S.S.M.M. os Reis Magos de Oriente visitaron ao alumnado do CEIP “Rosalía de Castro” dende ás 9:30 ás 11:00 da mañá e posteriormente ao alumnado do CEIP “Carlos Casares” dende as 11:00 en adiante.

Recibiron aos diversos grupos de infantil e primaria que viñeron a saudalos, para animalos

IMG_20191217_100818

Na súa tarefa escolar de cada día e preguntarlle polos agasallos que lles piden neste novo ano.

Especial momento no CEIP “Rosalía de Castro” foi a recepción ao grupo de atención especial de diversidade funcional, que se emocionaron moito ao recibir os agasallos que a dirección e profesorado lles tiña preparado.  No CEIP “Carlos Casares” tamén tiveron os Reis Magos un momento moi especial, pois con una das aulas do centro escolar recibiron a un grupo de persoas da terceira idade de A Farixa que estaban en xornada de convivencia interxeneracional no centro. As persoas maiores emocionáronse moito ao ser recibidos e agasallados polos Reis Magos, xunto cos nenos e nenas. Antes un grupo de nenos e nenas agasallaron ás S.S.M.M. cunha fermosa panxoliña.

IMG_20191217_110238

As súas maxestades, veciños de Xinzo de Limia,  amosaron tamén a súa ledicia e emoción de participar voluntariamente nun acto que lles pareceu entrañable e sinxelo ao mesmo tempo,pero cheo de sentimento e ilusión.

A Alcaldía, a Concellaría de Educación  e a Concellaría de Cultura do Concello deXinzo de Limia, agradecen de corazón esta boa dispoñibilidade e servizo, tanto das súas maxestades Os Reis de Oriente, como da dirección, profesorado e alumnado de cada un dos centros escolares.

IMG_20191217_100959

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/concello/reis-magos-xa-estiveron-xinzo/20191218184140004545.html


© 2020 Xinzo de Limia

Concello de Xinzo de Limia

Rúa Curros Enriquez 15, 32630
Xinzo de Limia, Ourense