Xinzo de Limia

Xinzo únese a duodécima edición das limpezas simultáneas de ríos organizadas por ADEGA

O domingo 29 se temebro ás 10:00 no parque do Toural

Este ano 2019 celébrase a duodécima edición das limpezas simultáneas de ríos, organizadas por ADEGA (Asociación pola Defensa Ecolóxica de Galicia). O vindeiro domingo 29 de setembro é a data na que se realizará a actividade, e o Concello de Xinzo, súmase a esta iniciativa organizado un grupo de limpeza.

Todos aqueles que queiran formar parte e participar da limpeza poden inscrivirse previamente ven por voz ou por wasap no  604078053. O comezo da limpeza será ás 10h no parque do Toural.

Anímate a participar!

IMG-20190925-WA0006