Xinzo de Limia

Competencias do Alcalde

  • Secretaría Xeral.

  • Asesoría Xurídica Municipal.

  • Resolución de todos os Recursos de Reposición, interpostos contra as resolucións de todos os Concelleiros Delegados e Delegados Especiais con potestade resolutoria, excepto os desta Área.

  • As facultades das funcións que atribúa o Regulamento de Rexistro de Licitadores ao Alcalde.

  • Competencias en materia de xestión de Recursos Humanos.
    Réxime Interior.

  • Xestión e Impulso de Plans de Formación Municipais (Empregados públicos).

  • Aprobación das Bases das Convocatorias de Selección de Provisión de Postos de Traballo para selección de persoal laboral temporal e funcionarios interinos.

  • Nomeamento e Cesamento do Persoal Funcionario Interino e contratación do Persoal Laboral Temporal.

  • Competencias para a negociación, firma e interpretación do Convenio Colectivo e do Acordo de Funcionarios; lexitimación para a negociación da modificación das condicións substanciais de traballo sen prexuízo, en todo caso, da súa aprobación posterior polo órgano competente, cando cumpra.

  • Réxime Disciplinario incluíndo a imposición de sancións a todo o persoal; despedimento e outras formas de extinción do contrato de traballo do persoal laboral, exceptuando a separación do servizo dos funcionarios deste Concello e dos Habilitados Nacionais, que se rexerán polo R.D. 1174/1987, do 18 de Decembro, polo que se regula o réxime xurídico dos funcionarios da Administración Local con habilitación de carácter nacional.

  • Aprobación e Indemnización por razón do servizo aos empregados públicos.

  • Recoñecemento do Primeiro Trienio.

  • Autorizar a nómina dos empregados públicos.

  • Dirección e Impulso da Política de Prevención de Riscos Laborais do Persoal Municipal e a Presidencia do Comité de Seguridade e Saúde.

  • Ditar actos administrativos da súa competencia.

  • Calquera outra que puidese corresponder á Área.