Escola Municipal de Gaitas & Percusión

EscolaGaitasXinzo-AntigaCarcere

A Escola Municipal de Gaitas & Percusión do Concello de Xinzo de Limia é un servizo municipal educativo que comezou a súa andaina a mediados dos anos 80 do pasado século. Dende entón, milleiros de alumnos pasaron polas súas aulas recibindo formación musical. Froito do maxisterio impartido na Escola xurdiron como expoñentes artísticos a Banda de Gaitas Xinzo de Limia, unha das máis prestixiosas e recoñecidas agrupacións galegas no seu xénero, seguida das Bandas de Gaitas Xinzo de Limia B e C, formadas por xoves alumnos, o Grupo de Instrumentos Tradicionais e Populares, as Pandereteiras da Limia, e un longo étc. Acadando, tanto a nivel colectivo como individual, diversos premios e mencións en varios certames ó longo dos últimos 18 anos. Así mesmo, durante esta mesma etapa a Banda de Gaitas Xinzo de Limia ten levado á súa música a países tan lonxanos como a India, diversos estados europeos –Portugal, Francia, Italia– e case que a práctica totalidade das comunidades autónomas españolas. Na actualidade, a Escola conta cun promedio de 180 alumnos matriculados anualmente, mozos e adultos, que asisten ás clases impartidas durante toda a semana en horarios de tarde–noite e sábados, tutelados por un profesorado especializado. O periodo de matrícula na Escola ábrese anualmente antes do comezo do curso escolar –setembro– e ten como requisitos: Idade mínima, 8 anos. Pagamento da taxa de matrícula.


 

La Escola Municipal de Gaitas & Percusión do Concello de Xinzo de Limia es un servicio municipal educativo que comenzó su trayectoria a mediados de los años 80 del pasado siglo. Desde entonces, miles de alumnos pasaron por sus aulas recibiendo formación musical. Fruto del magisterio impartido en la Escola surgieron como exponentes artísticos la Banda de Gaitas Xinzo de Limia, una de las más prestigiosas y reconocidas agrupaciones gallegas en su género, seguida de las Bandas de Gaitas Xinzo de Limia B y C, formadas por jóvenes alumnos, el Grupo de Instrumentos Tradicionais e Populares, las Pandereteiras da Limia, y un largo étc. Consiguiendo, tanto a nivel colectivo como individual, diversos premios y menciones en varios certames a lo largo de los últimos 18 años. Asimismo, durante esta misma etapa la Banda de Gaitas Xinzo de Limia ha llevado su música a países tan lejanos como la India, diversos estados europeos –Portugal, Francia, Italia– y a casi la práctica totalidad de las comunidades autónomas españolas. En la actualidad, la Escola cuenta con un promedio de 180 alumnos matriculados anualmente, jóvenes y adultos, que asisten a las clases impartidas durante toda a semana en horarios de tarde–noche y sábados, tutelados por un profesorado especializado. El periodo de matrícula en la Escola se abre anualmente antes del comienzo del curso escolar –septiembre– y tiene como requisitos: Edad mínima, 8 años. Pago de la tasa de matrícula.


 

Escola Municipal de Gaitas & Percusión de Xinzo de Limia.

R/ Lepanto, 3. 32630 Xinzo de Limia.