Funcionamento da Xunta de Goberno Local

Sesións, convocatoria, orde do día

A Xunta de Goberno Local celebrará sesión ordinaria cada 15 días, como mínimo, aínda que normalmente celébrase cada semana.

As sesións extraordinarias e as urxentes terán lugar cando, con tal carácter, sexan convocadas polo alcalde; así mesmo poderaa reunir en calquera momento cando estime necesario coñecer a súa opinión antes de ditar resolucións.

As sesións da Xunta de Goberno Local non son públicas, e celébranse na Casa Consistorial, sede do Concello.

 

Convocatoria e Orde do Día

O alcalde convoca a celebración mediante Decreto, no que consta o día e a hora en que se celebrará a sesión ordinaria.

As sesións extraordinarias e urxentes terán lugar cando, con tal carácter, sexan convocadas polo alcalde.

Co decreto de convocatoria remítese a Orde do Día dos asuntos que se van a tratar e o borrador do acta da sesión anterior.

A Orde do Día é a relación dos asuntos que se someten á consideración da Xunta de Goberno Local. É fixado polo alcalde, asistido pola Secretaria da Xunta de Goberno Local.

Entre a convocatoria e a celebración da sesión non poderán transcorrer menos de 24 horas, salvo no caso das sesións extraordinarias e urxentes.

Para unha válida constitución da Xunta de Goberno requírese a asistencia da maioría absoluta dos seus compoñentes.

 

Desenvolvemento das sesións

O alcalde dirixe e ordena os debates no seo da Xunta de Goberno.

Nos casos en que a Xunta de Goberno exerza competencias delegadas polo Pleno, necesitarase informe da Comisión Informativa correspondente.

 

Actas das Comisións

A Secretaria da Comisión de Goberno levantará acta de cada sesión que se celebre.

As Actas das Comisións de Goberno transcríbense nun libro distinto ás do Pleno e constitúen os Libros de Acordos da Xunta de Goberno Local; pódense consultar na web municipal ou no Arquivo Municipal.