Xinzo de Limia

Vía da Prata

A Vía da Prata é unha ruta cultural e histórica de orixe incerta que unía Mérida, capital da Lusitania, con Astorga, capital da Gallaecia astur. Actualmente  promocionouse unha ruta turística que arrinca de Sevilla e chega ata Xixón.

Un gamallo desta ruta constitúe, cara á actual Galicia, unha das rutas do camiño de Santiago, recoñecida oficialmente pero pendente de delimitación. Desde Chaves entra en Galicia cara a Verín. En Monterrei divídese, cun camiño cara a Xinzo de Limia e outro cara a Laza, para se xuntaren despois de novo.

Do seu interese cultural fala a presenza no seu traxecto de cidades Patrimonio da Humanidade, como Salamanca ou Zamora.

En Xinzo de Limia hai una albergue onde os peregrinos que fan o camiño da vía da prata porán descansar. O punto forte do albergue en respecto ó turismo, é que a hora de chegada dos peregrinos é sobre a última hora da maña, e efectúan a súa saída a primeira hora do día seguinte, o que supón que moitos paseen pola vila e fagan compras e coman en Xinzo.

Puntos de interese para os peregrinos:

  • Punto de información, Xinzo de Limia.
  • Albergue de Xinzo de Limia.
  • Igrexa de Santa Mariña, Xinzo de Limia.

25

28

 

26

 

29

DATOS DE INTERESE: