Xinzo de Limia

toque de queda
Concello
Amador Penín-Elvira Lama

Xinzo adianta pola súa conta o toque de queda ás 8 da tarde ante o continuo aumento de contaxiados

Como carece de competencias para impoñelo, hoxe mesmo publicará un bando con esta recomendación, esperando a complicidade cidadán. O goberno local pídelle aos comercios non esencias que pechen á mesma hora que a hostalería, en solidariedade con ela e para facilitar o novo toque de queda local. O Concello agarda que Goberno e Xunta tomen pronto medidas máis duras que as actuais, pero afirma que Xinzo xa non pode esperar.