Concello
Xinzo convoca un pleno extraordinario para apoiar unha por unha as demandas dos 4 centros educativos
Elvira Lama fixo o anuncio durante a visita, xunto a concelleiros de todos os grupos, ao IES Cidade de Antioquía, cuxa dirección ameaza con dimitir. Terá lugar mañá, as 14:00 horas, e permitirá amosar a unidade de goberno e oposición na defensa dunha volta a clase segura para toda a comunidade educativa e as familias.