Concello
O Concello de Xinzo pecha o único prostíbulo que seguía aberto na vila para evitar a propagación do virus
A alcaldesa, Elvira Lama, tomou a decisión ante a falta dunha resolución por parte da Xunta de Galicia como a que tomaron en Castela-A Mancha, Cataluña ou Murcia. A Garda Civil notificoulle esta noite aos responsables do local que non poderán volver a abrir