Concello
Plan de choque para acondicionar os espazos públicos despois de tres meses centrados en conter ao Covid-19
Todos os efectivos das brigadas de Obras e Medio Ambiente están agora destinados a labores de reparación, roza, limpeza e desinfección. Para reforzar estes traballos e recuperar o tempo perdido na realización destas tarefas, o Concello contrata durante polo menos un mes a unha empresa especializada.