Concello
O Concello tomará todas as medidas precisas segundo os positivos, as indicacións sanitarias e por consenso
Así o acordou a comisión municipal de seguimento do covid, convocada pola alcaldesa e na que están representados todos os grupos políticos da corporación. As redes sociais municipais trasladarán á cidadanía a información que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, se comprometeu hoxe a facilitar aos concellos.