Concello
O Concello da luz verde a inversións por 1,8 millóns de euros no primeiro pleno despois do Estado de Alarma
Aproba para 2020 un presuposto austero de 8 millóns de euros, condicionado por un obrigado plan de axuste que o Concello levaba anos incumprindo. As contas, estruturadas desde antes da pandemia, sufrirán modificacións para atender as persoas, pemes e autónomos máis afectados pola crise. A corporación respaldou por ampla maioría a demolición da presa de Gudín e a recuperación das infraestruturas hidráulicas do mosteiro de Trandeiras.