<

Adxudicado o Servicio de Axuda a domicilio novamente

Por terceira vez, o concello acaba de adxudicar o contrato máis importante, non solo polo seu orzamento  de case  800.000 €, se non pola importancia que para o concello ten este servicio de axuda a domicilio

Adxudicado o Servicio de Axuda a domicilio novamente

RETRASOS NON IMPUTABLES A ADMINISTRACIÓN LOCAL

As dúas veces anteriores que se adxudicou, as empresas non deron completado o expedente administrativo nalgún dos seus apartados, o que obrigou a apertura de novo do concurso e así ata esta terceira, que o rexedor municipal espera que sexa a última.

Neste momento o proceso administrativo está pendente de si houbera algunha reclamación especial por parte das outras empresas, que o concello non espera.

O importe final da adxudicación foi de 779.573,49€  ive incluido por un plazo de dous anos ampliables a outro máis.

Ademáis de cumprir con todas as clausulas do contrato, 18.030 horas mais 700 extraordinarias (condicións dos plegos), esta empresa fixo  unha oferta de melloras con actuacións na rama de Fisioterápia, Atención neurosicolóxica, Terapia ocupacional e Logopédia.

 

A concellería está levando a cabo o planing necesario para o comezo do servicio que espera que desta vez sexa inminente.