O Boletín Provincial de Ourense publica hoxe as bases reguladoras e convocatoria para a concesión de subvencións a traballadores/as autónomos/as do municipio de Xinzo, aprobadas o pasado día 26 de novembro pola Xunta de Goberno do Concello. Pincha aquí para consultalas e acceder á documentación necesaria para a súa solicitude. Tamén podes acceder pinchando na imaxe interior.
As obras, xa rematadas, afectaron aos viarios de entrada e saída dos tres núcleos e ao que enlaza a OU-1105 coa N-525, moi utilizado para carga e descarga de patacas nos almacéns da zona.
Aproba para 2020 un presuposto austero de 8 millóns de euros, condicionado por un obrigado plan de axuste que o Concello levaba anos incumprindo. As contas, estruturadas desde antes da pandemia, sufrirán modificacións para atender as persoas, pemes e autónomos máis afectados pola crise. A corporación respaldou por ampla maioría a demolición da presa de Gudín e a recuperación das infraestruturas hidráulicas do mosteiro de Trandeiras.
As cesións de terreo permiten dotar de saneamento, abastecemento, alumeado e beirarrúas á vía, o que posibilitará a construción de vivendas unifamiliares de execución directa. As pistas Cepetal, Sitibal e a Travesía do Bouzo son moi utilizadas para comunicar os concellos da marxe esquerda do río Limia coa N-525 e a A-52 sen pasar polo centro da vila.
A alcaldesa, Elvira Lama, tomou a decisión ante a falta dunha resolución por parte da Xunta de Galicia como a que tomaron en Castela-A Mancha, Cataluña ou Murcia. A Garda Civil notificoulle esta noite aos responsables do local que non poderán volver a abrir
O Concello de Xinzo tomou a iniciativa para atallar a escaseza de material coa que está a traballar o persoal sanitario do Centro de Saúde e o PAC de Xinzo comprando 10.000 prendas de protección, que tamén garantirá e reforzará a seguridade das traballadoras do Servizo de Atención a Domicilio.