Xinzo de Limia

O Concello de Xinzo de Limia consegue financiación da Xunta para melloras no centro de día

  • O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, visitou hoxe as instalacións acompañado do delegado terrirorial en Ourense, Gabriel Alén, e do alcalde do concello, Amador Díaz.

  • Destínanse case 60.000€ a reformar a cuberta, estruturas, pavimentos, pintado e limpeza de fachadas entre outras intervencións.

  • O vindeiro verán tamén se realizarán tarefas de mellora da escola infantil.

Durante a visita á escola infantil.
Durante a visita á escola infantil.

Xinzo de Limia, a 16 de novembro de 2023.  A Xunta de Galicia está a financiar en colaboración co concello obras de mellora no centro de día para persoas maiores de Xinzo de Limia, pertencente á rede pública autonómica. O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, acompañado do delegado territorial en Ourense, Gabriel Alén, e do alcalde, Amador Díaz Penín, comprobaron hoxe o avance nos traballos que se están a executar e que supoñen un investimento de preto de 60.000 euros.

O obxectivo principal destas obras é atallar os problemas derivados da humidade que padece o inmoble, para o que se está a actuar na cuberta e nas fachadas co fn de protexelo da auga da chuvia. Ademais de mellorar a cuberta, estruturas, pavimentos e do pintado, a intervención tamén contempla a limpeza de fachadas, a sustitución do revestimento as paredes deteriorado e solucións puntuais de infltracións en puntos concretos do edifcio.

Ao centro de día de Xinzo de Limia acoden diariamente unha trintena de usuarios e comezou a súa actividade no ano 2010, ofrecendo desde entón atención terapéutica integral ás persoas maiores do municipio e dos concellos limítrofes.

 

Escola infantil

Perfecto Rodríguez explicou que o Consorcio programa ao longo de todo o ano obras de mellora e mantemento na súa rede de centros públicos: escolas infantís, residencias, vivendas comunitarias e centros de día. A fnalidade de todas estas actuacións é que as persoas usuarias destes centros, os seus familiares e o persoal dispoñan de infraestruturas de calidade, funcionais e cómodas.

Neste sentido, avanzou que o Consorcio tamén realizará actuacións de mellora na escola infantil da localidade, que depende da Xunta de Galicia. Os técnicos do ente autonómico e do concello están nestes momentos a planifcar as obras que se acometerán neste centro o vindeiro verán, unha vez que remate este curso escolar para que non interfiran na actividade diaria da escola.