Xinzo de Limia

Funcionamento

Sesións, convocatorias, orde do día e regulamento

As sesións de Pleno poden ser de tres tipos:

Ordinarias.– Son aquelas cuxa prioridade está preestablecida. O Pleno do Concello de Xinzo celebra sesión ordinaria mensualmente.

Extraordinarias.– Son aquelas que convoca o alcalde ou presidente con este carácter, por iniciativa propia, ou cando o solicita a cuarta parte, polo menos, do número legal de membros da Corporación.

Extraordinarias e urxentes.- Son as convocadas polo alcalde ou presidente cando a urxencia do asunto ou asuntos a tratar non permite convocar a sesión extraordinaria coa antelación mínima de dous días hábiles esixida pola Lei 7/1985 de Bases de Réxime Local.

As sesións do Pleno son públicas e celébranse na Casa Consistorial, sede do Concello.

Convocatoria e Orde do Día

As sesións ordinarias e as extraordinarias non urxentes a iniciativa do alcalde ou Presidente do Pleno convócanse, polo menos, con dous días hábiles de antelación.

Coa convocatoria remítese a Orde do Día dos asuntos que se van a tratar e o borrador do acta da sesión anterior.

A Orde do Día é a relación dos asuntos que se someten á consideración do Pleno. É fixado polo Presidente, asistido da Secretaria Xeral do Pleno. O alcalde pode solicitar a asistencia dos membros da Xunta de Goberno e consultar se o estima oportuno aos portavoces dos Grupos Políticos.

Toda a documentación dos asuntos incluídos na Orde do Día debe servir de base para o debate no Pleno e a súa posterior votación e está a disposición dos membros da Corporación.

Desenvolvemento das sesións

O Presidente asumirá a dirección da sesión con plena e total autoridade, ao longo do seu desenvolvemento coidará de que os debates sigan o curso establecido e manterá a orde da mesma.

Os Portavoces dos Grupos Municipais colaborarán no auxilio da Presidencia para a consecución dos obxectivos indicados.

Os membros do Pleno non poden facer uso da palabra sen a previa autorización do Presidente. As sesións do Pleno son públicas.

Actas do Pleno

O Secretario Xeral do Pleno levantará acta de cada sesión que celebra o Pleno, Art. 109 ROF.

As Actas e os libros que as conteñen son instrumentos públicos e solemnes nos que se recollen os acordos do Pleno do Concello. Pódense consultar a través da web Municipal ou no Arquivo Municipal.