Xinzo de Limia

Xinzo conmemora o 8M durante todo o mes de marzo

  • A programación polo Día Internacional da Muller estenderase durante todo o mes de marzo.

  • O principal obxectivo é sensibilizar sobre a igualdade de xénero e dar visibilidade ás mulleres en ámbitos tradicionalmente considerados masculinos.

Presentacion8MXinzo
Presentacion8MXinzo

Xinzo de Limia, a 04 de Marzo de 2024.  A Concelleria de Servizos Sociais, Igualdade e Saúde, xunto co CIM de Xinzo, dentro da conmemoración do Día Internacional da Muller, e co obxectivo de sensibilizar sobre a igualdade de xénero e de dar visibilidade ás mulleres en ámbitos tradicionalmente considerados masculinos, organizan dentro do 8M, as seguintes actividades, financiadas a través do Pacto de Estado contra a violencia de xénero: 

Os días 5 e 6 de marzo, terá lugar a actividade “Seguridade Violeta”, para traballar a prevención das violencias machistas, dirixida ao alumnado de 2º da ESO, dos IES´s Cidade de Antioquía e Lagoa de Antela. Nesta actividade participarán 121 rapaces e rapazas. Desenrolarase en 2 sesións de 2 horas de duración cada día con cada un dos grupos. Dentro desta actividade está prevista a realización dunha curtametraxe por cada IES, que será presentada o día 22 de marzo no Salón de Actos da Casa da Cultura de Xinzo.

Os días 7 e 8 de marzo, o Obradoiro Educando dende a Igualdade de Xénero, dirixido ao alumnado do obradoiro Dual de Carpintería e Xardiñería, impartirase na aula da Casa da Cultura. O 8 de marzo instalarase a mesa informativa na Praza Maior e ás 12.30h e terá lugar a lectura do manifesto.

O 11 de marzo, terá lugar a Escape Room “Elas”, actividade que ten como obxectivo fomentar a reflexión entre as participantes sobre a importancia da igualdade e a ruptura cos estereótipos de xénero. Desenvolverase entre 85 nenos e nenas nos dous CEIP´s, entre o alumando de 5º no Rosalía de Castro e o 6º no Carlos Casares, en horario de 9:00 a 14:15.

Os días 18, 19 e 20 de marzo, terá lugar en Ganade o Curso Nómadas Dixitais, actividade que se organiza en colaboración co Instituto da Familia. Destinada ao acompañamento a mulleres maiores que teñen un telefóno móvil e queiran aprender a manexalo de forma segura, así como aprender a usar aplicacións útiles para a súa vida diaria.

O día 22 de Marzo ás 17.00horas comezará a primiera das actividades que terán lugar este día é a Escape Room “Igualdade un reto contra a violencia de xénero”, con un aforo máximo e 200 persoas, desenvolveráse no Parque do Toural e a inscripción será a través do código QR, que aparece no cartaz. 

Para rematar coa programación os días 25, 26 e 27 de marzo, teremos Concilia Semana Santa, na Praza Carlos Casares de 9.00 a 13.00h

Consulta o cartel coa programación completa AQUÍ