Xinzo de Limia

Xinzo de Limia mellora a comunicación viaria das súas aldeas

  • As obras ascenden a un importe de 85.000€ e 3.800 metros de firme.

  • Leváronse a cabo en Morgade, en Moreiras e en Seoane de Oleiros.

Moncho Gómez e Amador Díaz nas obras en Morgade
Moncho Gómez e Amador Díaz nas obras en Morgade

Xinzo de Limia, a 25 de xaneiro de 2024.  O Concello de Xinzo de Limia acomete novas actuacións nas pistas do rural ó abeiro do Plan MARCO, investindo 85.000€  en 3.800 metros de estrada. No día de hoxe, o alcalde Amador Díaz e o concelleiro de obras, achegáronse ata Morgade para comprobar de primeira man o traballo dos operarios.

O acondicionamento de pistas está tendo lugar en Morgade e na estrada que une Moreiras con Seoane de Oleiros. O edil de obras Moncho Gómez afirma que “levamos anos mellorando as conexións viarias nas diferentes parroquias do Concello, e non pararemos ata chegar a todas”.  

Dende o Concello de Xinzo de Limia faise unha aposta decidida pola mellora de estradas e pistas, cun plan cuxo obxectivo é acometer o maior número de actuacións útiles, non só en Xinzo senón tamén nos 33 núcleos rurais.  As obras en Morgade, Moreiras e Seoane de Oleiros consistiron nun bacheo inicial con posterior aplicación dun triplo rego, así como na limpieza de cunetas en ambas marxes dos tramos reparados.