Xinzo de Limia

A “Seguridade Violeta” chega ós institutos de Xinzo

  • Dentro da programación do 8M, estase a desenvolver a actividade “Seguridade Violeta”, que pretende dar resposta á necesidade de educar en igualdade e na prevención de violencias machistas.

  • O alumnado creará propostas audiovisuais que serán expostas ó público o día 22 de marzo na Casa da Cultura.

"Seguridade Violeta" nunha aula de 2º da ESO
"Seguridade Violeta" nunha aula de 2º da ESO

Xinzo de Limia, a 05 de Marzo de 2024.  Dentro da programación do 8M, organizada polo CIM e a Concellería de Servizos Sociais, Igualdade e Saúde; os días 5 e 6 de marzo estase a desenvolver a actividade “Seguridade Violeta”, financiada a través do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.

Esta actividade pretende dar resposta á necesidade de educar en igualdade e na prevención de violencias machistas. Sendo moi conscientes de que é necesario intervir en todas as etapas evolutivas e en todo momento, con esta actividade, queremos facer incidencia especialmente na etapa vinculada á adolescencia, etapa de cambio, de afianzamento da personalidade e con múltiples influencias e referentes.

Actualmente, a pesares dos pasos que a nosa sociedade está dando cara unha igualdade máis real, podemos observar como as novas xeracións seguen sendo educadas reproducindo estereotipos e roles de xénero que indirectamente inciden na reprodución e aceptación de violencias machistas

Fronte a esta realidade, é preciso que a través de actividades como “Seguridade Violeta”, se traballe na búsqueda dunha igualdade real e tanxible, servindo de complemento á formación académica que se presta nos centros de ensino e sendo un espazo ideal para crear estos contidos.

Seguridade Violeta” estase a desenvolver en 4 sesións, de dúas horas de duración cada unha, nas cales se fai un percorrido para identificar machismos invisibilizados e normalizados na sociedade, que contribuén a manter modelos sociais desigualitarios. Tamén traballamos en coñecer os diferentes tipos de violencias existentes na sociedade, desmontar mitos asociados ao feminismo e á permisividade de certas conductas, identificar conductas e posibles vítimas de violencias machistas e, finalmente, coñecer ferramentas para intervir nestas realidades. Faise incidencia na importancia de crear relacións baseadas no respecto, na comunicación e no consentimento a través dunha metodoloxía participativa e dinámica. 

Acompañando a este actividade, crearase un contido audiovisual que servirá como canle de divulgación das conclusións traballadas, sendo asi o propio alumnado o referente. Este material pode ser empregado tamén para chegar ao conxunto da comunidade educativa, falando asi de famílias, profesorado e alumnado. Este contido audiovisual será exposto o día 22 de marzo.