Un paso máis para o Regadío da Limia
Este martes, Alfonso Rueda visitou Xinzo de Limia para dar testemuño da sinatura do convenio entre a Consellería de Medio Rural e a comunidade de regantes Nova Limia.

Xinzo de Limia, a 11 de xullo de 2023. Este martes asinouse o convenio entre a Consellería de Medio Rural, coa presenza do conselleiro José González; e a comunidade de regantes Nova Limia, presidida por Amador Saborido.
No acto participou tamén Alfonso Rueda, Presidente da Xunta de Galicia. O alcalde de Xinzo de Limia, Amador Díaz, que ademáis foi un dos promotores da Mesa da Limia, dirixiu o evento e aproveitou para lembrar que “esta comarca é a principal agrogandeira de Galicia e temos que conseguir poñela en valor por toda Europa”.
A sinatura deste convenio é un paso máis para que o Regadío da Limia sexa unha realidade e ratifica o apoio económico da Xunta de Galicia á nosa comarca.
