Xinzo de Limia

Comezou a campaña de Limpeza integral da Vila

Como estaba previsto a maquinaria da empresa contratada, o baldeador da  Deputación e os medios do Concello, con todo o persoal necesario e suficiente comezaron os traballos de limpeza que a semana pasada Elvira Lama presentaba como unha acción de choque contra a situación de abandono en que se encontraba a vila e os pobos no tocante a este concepto.

LIMPEZA INTEGRAL ANTES DAS FESTAS

O motivo de comezar esta limpeza integral de todas as rúas e prazas da vila, comezando polo exterior  e rematando no centro neurálxico do pobo, todos simultaneando, non solo é como dixo a alcaldesa polo estado de “roña” que teñen as devanditas prazas e rúas,  se non porque había que facelo tamén, pola inminente celebración das festas municipais.

IMG_20190708_103832IMG_20190708_125245

Queremos  que en tan so 5 días atopemos un pobo limpo e saudabel, para que os nosos veciños se den conta de que as cousas se poden facer de outra maneira, e mostrarlles como queremos, este grupo de goberno, que estea os seguintes 365 días do ano, e como non, para que os que nos visiten nestes días de festa se vaian cunha visión  e con outra opinión  diferente da súa estadía entre nos.

O plan de choque rematará o venres, pero tanto as brigadas de limpeza e obras como a colaboración da Deputación co camión baldeador seguirán actuando alí onde faga falla.