Xinzo de Limia

O Concello reabre ao público a súas instalacións, pero con restricións: asistir so cando sexa imprescindible e con cita previa

20200529_Outros_Bando reapertura das instalacións do Concello para atención ao público
20200529_Outros_Bando reapertura das instalacións do Concello para atención ao público

page1image148740704

O Concello de Xinzo reabre as súas instalacións para atención ao público a partir do luns, día 1 de xuño, pero con  restricións. 

Aos interesados, rógaselle non acudir ao Concello salvo en casos de necesidade, nos que será necesario solicitar cita previa.

Durante os próximos días, para realizar calquera xestión consulta ou petición de cita e ata que se implante o sistema definitivo de xestión de cita previa, esta obterase por teléfono chamando aos números que aparecen na seguinte listaxe:

- Dependencias do Concello ( departamentos de Alcaldía, Secretaría, Rexistro, Estatística, Intervención e tesourería, Catastro, Promoción Económica, Persoal, Urbanismo e Informática). TELÉFONO: 988550111.

- Dependencias de Servizos Sociais (departamentos das traballadoras sociais, Banco do tempo e Graduada Social, Psicólogos e Educación): TELÉFONOS: 988550528.  CIM: 988461442.

- Casa Cultura (departamentos de Cultura, Biblioteca e OMIX). TELÉFONO: 988461442

Todas as persoas que acudan as dependencias municipais, unha vez dentro, deberán cumprir as distancias mínimas de seguridade interpersoal, levar máscara e seguir as indicacións do persoal municipal.