Xinzo de Limia

O grupo de goberno avoga pola defensa do sector primario, pero tamén pola defensa da calidade das augas

Os resultados das analíticas das augas  de consumo ESTÁN colgados na páxina web do Concello.

Á roda de prensa convocada pola alcaldesa, asistiron Elvira Lama, o concelleiro de Medio Rural e Medio Natural e o concelleiro de Economía e Facenda. O motivo desta comparecencia sinala a alcaldesa é por mor da problemática que denuncia o grupo popular deste concello,  non está na recollida de sinaturas nas feiras do mes de agosto, está máis ben na deixadez de funcións que fixeron durante anos os que gobernaron este concello.

En resposta ás solicitudes que ese mesmo grupo fixo fai uns días, podemos dar resposta por escrito e así se vai a facer e se lle vai comunicar durante o día de hoxe’’.

Ante as declaracións do PP que caracterizan a función deste goberno actual de pasota Lama responde que, ‘’este grupo de goberno deu permiso para a instalación da mesa dunha plataforma na última feira por imperativo legal e conta cos informes preceptivos e favorables tanto da policía local como do departamento de Tesourería e Xurídico deste Concello. Non se produciu altercado ningún. A liberdade de expresión é un dereito que ninguén debe conculcar.

En segundo lugar a convocatoria urxente da mesa da Limia que piden no seu escrito non lle corresponde ao GDR Limia- Arnoia máis ben lle corresponde ao conselleiro do Medio Rural que foi quen a creou neste mesmo salón e de momento tanto conselleiro como o grupo municipal do partido popular son do mesmo partido político. A primeira e única convocatoria foi o pasado catro de abril do 2019 e xa pasaron cinco meses, polo tanto o único pasotismo que hai neste Concello é o do propio partido popular’’. En todo caso, foi trasladado o acordo unánime do plenario ordinario do mes de agosto á citada consellería do Medio Rural instándolle á convocatoria desa mesa da Limia.

Polo que respecta ao resto do puntos podemos afirma que, ‘’nun deles piden que os resultados das analíticas se fagan públicos. Pois ben eses resultados que nos remite a concesionaria todos os meses están  colgados na páxina web do Concello para público coñecemento de todos en xeral a través dun enlace que os conectará co Sistema de Información Nacional de Augas de Consumo. Sen embargo, non é esa auga a que está en cuestión e o sabe ben o partido popular; a problemática é outra e mentres estivo gobernando no últimos 16 anos este Concello mirou cara outro lado, tendo todas as administracións da súa cor política para intentar solucionar este problema, todo o contrario que está a facer este grupo de goberno’’.

No tocante a convidar ao resto dos concellos a adherise á moción para a defensa da mesa da Limia insiste en que, ‘’non hai ningún problema en remitirlla e que podan aprobala cada un dos concellos no seu pleno ou cando convoquen a súa sesión ordinaria, pero é un punto que ben se puido incluír se so houbera acordado na propia moción do grupo popular’’. Así mesmo, aclara que o actual grupo de goberno fixo xestións coas distintas administracións e tamén coas empresas do sector agrogandeiro, ’estivemos xa reunidos cos directivos de Coren e todos están pola labor de abordar a problemática da comarca da Limia. Unha problemática que está tanto na Alta como na Baixa Limia, onde algún alcalde do partido popular asina os pedimentos da plataforma Auga Limpa Xa. Este grupo de goberno ten claro que non se soluciona silenciando a quen denuncia este problema, máis ben poñéndonos todos do mesmo lado na defensa do sector agrogandeiro e na búsqueda de solucións. Algo que non fixeron os gobernos do PP durante os últimos 16 anos nin nos últimos 10 anos que leva gobernando a Xunta de Galicia nin nos últimos 30 anos que levan gobernando a Deputación e mesmo nos últimos anos que mesmo gobernou Rajoi o goberno do Estado onde obrigaron a pechar a única planta de tratamento de puríns do polígono de Sarreaus por falta de apoios as enerxías renovables. Polo tanto, o problema non é de hai uns meses nin se soluciona en dous meses como agora denuncia o partido popular nin tampouco publicando as analíticas de augas de consumo que a empresa subministradora nos garante que están ben e en correcto estado, o que ten que facer o grupo municipal do PP é dirixirse ao conselleiro do Medio Rural para que convoque de forma urxente a mesa da Limia’’. Convidan ao PP a que todos remen na mesma dirección, sobre todo na defensa do sector primario, pero tamén na defensa da calidade das augas.

Posteriormente continuou intervindo o concelleiro do Medio Rural e Medio Ambiente recalca que, ‘’o estado de abandono deste concello durante os últimos anos era moi grande porque mesmo hai poucos días o partido popular presentou unha moción denunciando un vertedoiro incontrolado que co paso do tempo acabamos sabendo que tiña que estar selado na época de Manuel López Casas. Nos nun tempo récord de seis ou sete horas o selamos e agora temos que abordalo doutra maneira porque a día de hoxe hai vertidos no propio vertedoiro. Estamos estudando a maneira de selar non só ese, senón outros moitos que hai polo Concello e que son un problema medioambiental grande. Este grupo de goberno está traballando nunha planta de “compost” para dar unha solución á problemática do estado das augas desta comarca. Ademais estamos traballando na creación dunha planta de residuos de plástico cuxa ubicación será, posiblemente, o Polígono Industrial e que permitirá que o plástico poida ser reutilizado’’. En canto ao tema da agricultura sinala que, ‘’este concello aposta pola agricultura e pola gandaría e vaino demostrar na terceira semana de novembro coa volta da Festa da Pataca e da Festa da Maquinaria Agrícola. Sabemos que esta Comarca é importante en canto a temas agrícolas e queremos que o medio ambiente non se vexa afectado. Todos os problemas medioambientais que existan neste Concello serán abordados con celeridade’’.