Xinzo de Limia

O niño do parque é de esquíos

Non é de velutinas

Niño de esquíos no parque do Toural
Niño de esquíos no parque do Toural

Estes días estanse a recibir chamadas tanto en información do Concello como no 112 sobre a presenza dun niño de avespas velutinas no parque do Toural.

nido velutinaDespois da visita dos membros de protección civil de Xinzo a realidade é que ese niño do cal se acompaña foto, non é tal. Ese niño leva no parque moitos anos, segundo información dos veciños  corresponde a unha familia de esquíos que durante moitos anos fixeron as delicias de grandes e pequenos, porque se deixaban ver con frecuencia. Parece ser que esa familia desapareceu, ou polo menos xa non se albiscan no lugar.

Tamén se acompañan fotos de niños de avespas velutinas que foron recollidos na tempada pasada por membros de protección civil en colaboración co parque de bombeiros onde se aprecian as enormes diferencias entre ambos,  para que vexan que nada teñen que ver un cos otros.

Tranquilizar dende o Concello aos vecinos, posto que o niño do parque non é das temidas avespas velutinas.

protección  con velutinas