Xinzo de Limia

Pleno de organización da nova corporación

Quedou conformado o pleno con tres grupos representando aos respetivos partidos (PP-PSOE-ÁXIL) e un grupo mixto.

Nova corporación de Xinzo
Nova corporación de Xinzo

Elvira Lama, alcaldesa de Xinzo polo PSdG-PSOE, presidiu o primeiro pleno, neste caso extraordinario e Urxente no  que se levou a cabo a organización municipal para a lexislatura 2019/23.

TRES GRUPOS DE PARTIDOS E UN GRUPO MIXTO

A primeira das novidades aprobadas no pleno da sesión da tarde do luns (24) foi a de organizar os grupos municipais, quedando tres,  composto polos concelleiros do PP; PSdG-PSOE e ÁXIL e un grupo mixto composto polos concelleiros de XA; BNG e Cidadáns.  A portavocía de cada grupo vanna levar os cabezas de lista das municipais e a do grupo mixto recaeu en Montse Lama  representante de Cidadáns.

REPARTO DE ÁREAS.

Elvira Lama ostentará ademais da alcaldía  encargarase directamente das áreas de Persoal, Comunicación, Participación Cidadá e Igualdade.

As demais áreas de traballo repartíronse da seguinte maneira:

.- D. José Alberto Martínez Morales (PSOE)- Educación, Saúde e Servizos Sociais.

.- D. Rafael Penabad González (PSOE)-4º Tenente de alcalde- Servizos Públicos Estruturais, Deporte e Infraestruturas

.- D.- Ramiro Rodríguez Suárez (BNG)- 3º Tenente de alcalde- Cultura, Normalización Lingüística; Patrimonio; Mocidade e Novas Tecnoloxías

.- D.- Amador Díaz Penín (ÁXIL) 1º Tenente de alcalde e Medio Rural e Natural

.- D.- Ramón Gómez Salgado (ÁXIL)Urbanismo e Mobilidade

.- D.- Manuel Pérez Campos (XA) -2º Tenente de alcalde - Facenda e Promoción Económica

A Xunta de Goberno estará formada , ademais da Presidenta, a  alcaldesa,  por Rafael Penabad; Amador Díaz; Manuel Pérez e Ramiro Rodríguez.

SESIÓNS PLENARIAS AS 19:00 CADA DOUS MESES

pleno 24.06

Outro dos puntos da orde do día que se aprobou cos votos a favor do grupo de goberno, en contra dos concelleiros do PP e a abstención de Montse Lama, foi o cambio de horario de celebración das sesión plenarias ordinarias que pasan a ser pola tarde, continuando a periodicidade dos dous meses.

Tamén  se aprobaron as cuantías  a recibir por cada membro dos diferentes órganos, Pleno, Xunta, comisión informativas e Portavoces a mesma que viña rexendo estes últimos catro anos de 150 € por sesión.

Por último aprobáronse os nomes dos distintos concelleiros que representarán ao concello nos diferentes órganos en que teñen representatividade e nos Consellos escolares dos centros educativos da vila.

Rematou a sesión, a que asistiu un nutrido número de veciños, co agradecemento por parte da alcaldesa a presenza de todos e dando a benvida a aqueles concelleiros que xa formaron parte doutras lexislaturas e que voltan a estar na “casa de todos”.