Xinzo de Limia

REPARACION PUNTUAL E MANTEMENTO DE FIRMES EN VARIOS PUNTOS DE RUAS DE XINZO E PISTAS DE TRANSITO ALTERNATIVO

A reparación urxente das pistas do entorno mencionadas está xustificada por mor do desvío do trafico durante os días do Entroido (Elvira Lama)

O Concello de Xinzo de Limia esta a reparar puntualmente, un numero elevado de rúas no casco urbano de Xinzo, Marcelo Macías, Rosalía de Castro, Alexandre Bóveda, San Sebastián, pista Os castros entronque con N-525, en lugares puntuais.

Do mesmo xeito estase acometendo un bacheado urxente e unha reparación puntual en pistas Zepetal, Sitibal, Travesía do Bouzo, Pista Armada, de cara a poder desviar o trafico nos días centrais do Entroido.

“As pistas do rural tanto as que rodean Xinzo e o seu casco urbano, como as dos pobos recoñecemos que están nun estado moi deteriorado, mais aínda por mor dos últimos temporais do mes de decembro”. Di a  Alcaldesa

“A reparación urxente das pistas do entorno mencionadas está xustificada por mor do desvío do trafico durante os días do Entroido, obrigados por mor da implantación do Plan de Autoproteción e os cortes da estrada N-525. Seguidamente continuaremos e na medida das posibilidades do Concello acometendo este tipo de actuación nas numerosas  vías de acceso os nosos pobos”. Elvira Lama.