Xinzo de Limia

Por que a taxa do lixo ten que subir un 10%?

O motivo non é nin máis nin menos que facer o que o goberno do PP non fixo, estando obrigado a facelo

Elvira Lama quixo  explicar a medida, que esa mesma tarde se tomaría no pleno ordinario,  de subir a taxa de recollida do lixo para resolver de unha vez, por imperativo legal, o desfase que hai entre o custe do servizo e o que se recada , que neste momento é de 169.000 €.

Este desfase ven debido a que durante os 4 últimos anos o goberno do PP, non aplicou a subida dos custes e  do IPC deses catro anos, que neste momento sería  un interese acumulado dun 14,36%. Tamén por imperativo legal, temos que aplicar unha rebaixa polo custe de SOGAMA dun 4,12%, polo que a subida real a partir do ano que ven será dun 10,24%.

NON NOS GUSTA COMO GOBERNO, NIN COMO POLÍTICOS  NIN POR SUPOSTO COMO VECIÑOS DE XINZO

PSX_20191004_114844[18] bajaEsta medida non nos gusta de ningún modo, pero ao non poder asumir a recollida do lixo con medios propios, non temos mais remedio que aplicar esta subida, repito por imperativo legal. Estamos a cumprir co que nos encomendaron os veciños e veciñas de Xinzo o pasado mes de maio, o de gobernar para todos e para todas con absoluta transparencia e honestidade, tratando de endereitar o rumbo desta institución , que como barco en alta mar, navegaba sen capitán sen temoeiro,  e no que os grumetes facían cada un o que lle petaba.

NEGOCIACIÓNS EN MADRID

Tamén quixo   por en coñecemento dos veciños as xestións levadas a cabo en Madrid no Ministerio de Hacienda, esta mesma semana,  ante o requirimento por parte do Ministerio dunha rebaixa dun 5% dos presupostos deste mesmo ano, no capítulo de gastos e tamén no de ingresos.

Isto é materialmente imposible de asumir dende outubro a final de ano, nunha cantidade aproximada de 400.000 €. Cantidade que non había nin cando chegamos nos aquí no mes de xuño.

Por esta situación, nunha cita contra reloxo,  tivemos que ir a Madrid co concelleiro de Facenda Pérez Campos e un técnico de intervención para tratar de solucionar este tema.

Fomos a dar a cara, asumindo o compromiso de cumprir co plan de axuste que ten asfixiado a este concello, froito da barra libre coa que actuaron hai 10  anos, e como  se soe dicir, daqueles polbos estes lodos, pero atendendo aos requirimentos do Ministerio, que son cousas moi serias, requirimentos que o PP metía no caixón.

Pasou logo a explicar polo miúdo a situación do concello a día de hoxe  o concelleiro de Facenda, Manuel Pérez que acompañaba a alcaldesa na rolda de prensa.

Cando comezamos,  xa dixemos que dubidábamos de poder facer fronte aos gastos máis aló do mes de agosto, coas finanzas que nos deixaron, pero cada día a situación empeora. Todo isto pola deixadé de funcións dos gobernos anteriores do PP.

Para cumprir o plan de axuste ao que se chegou para poder pagar a débeda de case 11 millóns de € que tiña este concello,  tíñase que nos catro últimos anos, rebaixar os custes . Non solo non se fixo así, se non que o capítulo de salarios e gastos correntes incrementouse en case dous millóns. Como xa se dixo en setembro recíbese un informe no que se nos obriga a reducir os gastos no presuposto de case 400.000 €. Isto sería imposible, non solo porque estamos a tres meses de rematar o ano, se non porque como xa dixemos en xuño, o presuposto para este ano xa estaba gastado case ao 100% nese capitulo.

Isto levounos a decisión política de ir  a falar coas persoas que nos obrigan a tomar estas medidas, o cal temos que dicir que nos deron algún que outro balón de osixeno de cara a estes tres meses.

INFORMES A NOME DE ANTONIO PÉREZ

PSX_20191004_115027[22] bajaOs documentos de requirimento que chegaban en algún caso a nome de Antonio Pérez, en vez de facerlle caso foron para a un caixón do cal nunca saíron, nin se contestaron ou se contestaban ambiguamente par non tomar as medidas necesarias.

Este cumprimento non solo é para este ano, cremos que con unha rebaixa importante, conseguida nesta reunión, se non nos vindeiros presupostos, dos que temos que enviar un borrador, para que eles no lo aproben, para a continuación  poder levalos nos a aprobación definitiva no pleno. Isto vai a repercutir na presentación dos orzamentos do ano que ven. No procedemento anterior aprobábanse os presuposto e despois informábase ao Ministerio, agora temos que enviarlle un borrador para que eles dean o VºBº para poder aprobalos.

Nos comprometémonos a cumprir coas nosas obrigas como gobernantes, como dixo a alcaldesa con dilixencia e transparencia, sen enganar a ninguén.