Xinzo de Limia

Xinzo convoca un pleno extraordinario para apoiar unha por unha as demandas dos 4 centros educativos

Elvira Lama fixo o anuncio durante a visita, xunto a concelleiros de todos os grupos, ao IES Cidade de Antioquía, cuxa dirección ameaza con dimitir. Terá lugar mañá, as 14:00 horas, e permitirá amosar a unidade de goberno e oposición na defensa dunha volta a clase segura para toda a comunidade educativa e as familias.

No exterior do instituto, con outra das profesoras do Cidade de Antioquía.
No exterior do instituto, con outra das profesoras do Cidade de Antioquía.

A alcaldesa de Xinzo acordou esta mañá, despois de falalo co resto de grupos políticos da Corporación, convocar un pleno extraordinario para mañá, martes, as 14:00 horas, co obxecto de esixir á Consellería de Educación que garanta un inicio de curso seguro en todos e cada un dos centros da vila atendendo as demandas dos respectivos equipos directivos, especialmente despois de que onte se tivese que pechar o primeiro colexio en Galicia, concretamente en Pontevedra.

O anuncio de Elvira Lama tivo lugar durante unha visita ao instituto Cidade de Antioquía, no que o equipo directivo ameaza con dimitir despois de que Educación aceptase inicialmente unha serie de novos recursos, entre eles a contratación de tres profesores para desdobrar aulas, e logo dise marcha atrás.

La intención do pleno de mañá é o acordo unánime de toda la Corporación a todas e cada unha das demandas en materia de seguridade dos equipos directivos dos centros, que son os que mellor coñecen as necesidades de cada un deles.

Esta relación de demandas será elaborada despois das visitas e conversas telefónicas que tanto a alcaldesa como concelleiros dos distintos grupos políticos realizaron aos centros durante as últimas semanas. Trátase dos CEIP Rosalía de Castro e Carlos Casares e dos IES Cidade de Antioquía e Lagoa de Antela.

“Unha vez máis debemos estar na defensa dos intereses educativos dos centros, porque son os intereses dos nosos rapaces e rapazas para un comezo de curso seguro”, explica a alcaldesa, que ten claro que a solución a esta problemática “vai de máis docentes e menos alumnos e alumnas, de máis orzamentos e de máis materiais de protección si realmente queremos protexer a saúde de toda a comunidade educativa e das familias”.