Xinzo de Limia

Xinzo estrea pistas de padel e recupera o complexo deportivo das piscinas, abandonado durante anos

As pistas de padel, no complexo deportivo das piscinas municipais.
As pistas de padel, no complexo deportivo das piscinas municipais.

Xinzo conta desde esta fin de semana con dúas pistas de padel no complexo deportivo das piscinas municipais. A práctica deste deporte conta con gran demanda en Xinzo, que agora verase satisfeita sen necesidade de saír da vila.

O concelleiro de Deportes, Rafael Penabad, cree que estas novas instalacións cobren una necesidade largamente demanda por unha parte da poboación e está convencido de que debido as condicións da nova normalidade, coa obrigatoriedade de gardar a distancia de seguridade, terán unha demanda aínda maior, dado que o padel facilita precisamente o su mantemento.

A construción das pistas realizouse con cargo a unha subvención nominativa da Deputación provincial, por importe de 35.000 euros, e unha aportación municipal de 13.000. En realidade, quedaron rematadas xusto cando se declarou o Estado de Alarma, polo que agora requiriu unha posta a punto da que se ocuparon os técnicos de Deportes do Concello.

Para facer uso delas é preciso reserva con 24 horas de antelación, pedindo cita por teléfono (988 550507) ou ben de forma presencial, na recepción das piscinas climatizadas.

As tarifas destas novas instalacións serán aprobadas polo pleno na reforma da ordenanza fiscal de instalacións deportivas.

Dende o Concello de Xinzo estase a facer un gran esforzo para a posta a punto de tódalas instalacións deportivas do entorno das piscinas, que sufriron anos de abandono, o que incluso motivou que moitos veciños e veciñas se tivesen que desprazar a outros concellos para determinadas prácticas deportivas. 

“Estas instalacións estiveron esquecidas polos anteriores gobernos e agora queremos poñelas en valor, facendo todo o necesario para que a veciñanza  desfrute no seu pobo”, sentenciou o concelleiro de Deportes, consciente precisamente deses desprazamentos a concellos do entorno.