Xinzo recoñecerá cun expediente de honra ao ciclista Carlos Canal

O recoñecemento público ao campión de España de Ciclocrós terá lugar no marco do pleno ordinario do vindeiro luns, día 7 de xaneiro

foto arquivo
foto arquivo

O Pleno de Xinzo de Limia recoñece o luns ao ciclista Carlos Canal coa medalla do Concello  . O acto público de entrega realizarase no marco da sesión plenaria ordinaria do vindeiro luns, día 7 de xaneiro, a partir das 11:00 horas. Carlos Canal (Xinzo de Limia, 2001) é un ciclista con múltiples recoñecementos a nivel galego, estatal e internacional. No ano 2015 conquistou o seu primeiro campionato galego de Ciclocrós. Con tan só 17 anos xa acumula un extenso palmarés entre o que destacan o bicampionato galego de contrarreloxo individual, tricampionato galego de Ciclocrós, campionato de España de Ciclocrós, membro da Selección Española de Ciclismo no Campionato de Europa BTT XCO e no Campionato do Mundo de Cicliocrós.

 

Trala aprobación do expediente de honra a Carlos Canal, tamén se elevarán a debate plenario varias mocións dos diferentes grupos presentes no consistorio. Xinzo Adiante solicita nunha moción que o concello inste á Xunta a esixir o cumprimento do contrato de cesión da xestión da Estación de Autobuses de Xinzo. Por outra banda, o grupo popular presenta unha moción para instar á dotación económica para a mellora do vial e beirarrúas da Avenida de Ourense e outra para instar á non derogación da Lei de Seguridade Cidadá no apartado referido á prisión permanente revisable. O BNG presenta tamén unha moción a respecto do sector eléctrico. O grupo popular presentará, ademáis, outras dúas mocións relativas á mellora da sinalización da N-525 e aos incentivos fiscais en materia agrícola.

Convocatoria e orde do día.