Xinzo de Limia

O xurado destaca a “excelente calidade” das obras presentadas aos concursos que promoveron o Concello e a Fundación Carlos Casares

certames
certames

Non só escribindo os termos máis fermosos se festexan as Letras Galegas. Os concursos de debuxo promovidos polo Concello e a Fundación Carlos Casares contribúen a manter viva a nosa lingua e homenaxear aos escritores que tanto fixeron por ela. “Unha cuberta para Xela Arias” sumou 44 traballos presentados e“Quen é Toribio?”, organizado polo aniversario desde conto de Carlos Casares, contabilizou un total de 33. Trátase neste último caso de debuxos que reflicten, ao seu modo, algunhas das historias que aparecen na célebre serie. O xurado destacou a “excelente calidade” das obras, que serán expostas na Casa da Cultura.

O concelleiro de Cultura de Xinzo de Limia, Ramiro Rodríguez, agradeceu a implicación dos centros educativos e sinalou o bo traballo dos participantes: “En todas as categorías hai unha gran calidade, pero son de destacar as de secundaria. O esforzo dos participantes mostrarase na exposición que se está a organizar”. A pesares da súa corta idade, os mozos demostraron a súa paixón polo galego e polos autores da terra, contribuíndo co seu esforzo a manter viva a nosa lingua.

Está previsto que os premios se entreguen nun acto previsto para o día 24 de xuño no salón de plenos do Concello de Xinzo.

Está é a relación dos premiados

Concurso “Unha cuberta para Xela Arias”.

Categoría 1º e 2º de Primaria (14 obras) .

1º premio: Alba Pérez Otero

2º premio: Naila Fonseca Doval

Categoría 3º e 4º de Primaria (8 obras).

1º premio Iria: Losada González

2º premio: Imrane Louiz

Categoría 5º e 6º de Primaria (6 obras).

1º premio: Jannat Errahali

2º premio: Xabier Rodríguez González

Categoría 1º e 2º de Secundaria (6 obras).

1º premio: Laura Martínez Méndez

2º premio: Beatriz Anca Neagu

Categoría 3º e 4º de Secundaria (10 obras).

1º premio: Iria Ramos Cano

2º premio: Sara López Saburido

ACCESIT con dotación de premio: Xiana Carballo Rivero

Concurso “Quen é Toribio?” [30 aniversario da saga Este é Toribio].

Categoría 1º e 2º de Primaria (24 obras).

1º premio: Naila Fonseca Doval

2º premio: Juan Valencia Bande

Categoría 3º e 4º de Primaria (6 obras).

1º premio: Leo Rodríguez Enríquez

2º premio: Hugo Pérez Salgado

Categoría 5º e 6º de Primaria (2 obras).

1º premio: Iria Fernández Villarino

2º premio: Paula Rodríguez Meno

Categoría 1º e 2º de Secundaria.- Non se presentaron obras

Categoría 3º e 4º de Secundaria (1 obra).

1º premio Rodrigo Díaz Enríquez

O xurado acordou outorgar, por unanimidade, unha mención particular a Xiana Carballo Rivero pola súa obra, na que demostrou “un esforzo e paixón artística encomiables”. Polo tanto, decidise tamén que esta mención vaia acompañada de premio.

O Certame Literario Infantil e xuvenil de narración curta Carlos Casares tamén espertou un gran interese, con case medio centenar de obras presentadas. Establecéronse sete categorías para os participantes: unha para os cursos de infantil; tres para os diferentes ciclos de primaria; dúas para os de secundaria e unha para os alumnos de bacharelato en adiante. O xurado, composto por membros da Fundación Carlos Casares, escritores limiaos, profesores de Lingua e Literatura e técnicos de Cultura e Educación do Concello, aínda está recibindo as obras e está previsto que os gañadores se coñezan nos próximos días.

Outorgaranse dous premios en cada unha das categorías, consistentes en vales para mercar libros e material escolar nas librarías de Xinzo de Limia. En total, o Concello repartirá case 2.000 euros en premios e todos os galardoados recibirán un diploma acreditativo.