Xinzo de Limia

Festival de Nadal 2023 - Conservatorio de Xinzo de Limia

O Conservatorio ten no seu Calendario Escolar diversas actividades programadas ó longo do curso, para fomentar e difundir a música entre o propio alumnado e o resto de rapaces da comarca
WhatsApp Image 2023-12-18 at 17.28.34
WhatsApp Image 2023-12-18 at 17.28.34

O Conservatorio ten no seu Calendario Escolar diversas actividades programadas ó longo do curso, para fomentar e difundir a música entre o propio alumnado e o resto de rapaces da comarca. Entre elas atópase o Festival de Nadal. Para dita celebración, o Conservatorio organizará tres concertos abertos ó público que correrá a cargo dos alumnos e alumnas que con tanto esforzo e entusiasmo prepararon as súas actuacións, baixo a dirección dos profesores: Esmeralda Marra López, Jesús Dopazo Amorín, Elena Domínguez Rodríguez, Mª José Rodríguez Carrera, Eliseo Penín Rodríguez, Roberto Seara Abad, Nieves Llopis Tormo, Cristina Vázquez Canal Alejandro Martínez Ares. 

O primeiro dos concertos correrá a cargo dos rapaces de Grao Elemental. Celebrarase o Martes 19 ás 20:00 h. no Auditorio “Ángel Cocho” da Casa de Cultura de Xinzo de Limia. Escoitaremos repertorio variado pero sobretodo panxoliñas para amenizar estas datas tan sinaladas. 

O segundo dos concertos estará interpretado polo alumnado máis veterano, os rapaces de Grao Profesional. Ensembles, música de cámara e actuacións solistas, encherán de música o Auditorio “Ángel Cocho” da Casa de Cultura de Xinzo de Limia o mércores 20 ás 20:00 h.

Como remate desta gran festa musical, organizamos un concerto moi especial xa que nel participan todos os rapaces do centro, dende os máis cativos de Música e Movemento e Iniciación Musical, emsembles, o coro de grao profesional e a banda serán os encargados deste peche de concerto. Sen dúbida será un concerto inolvidable cheo de música de nadal, panxoliñas e bandas sonoras de películas navideñas.

Ó remate voltaremos ó centro porque temos máis actividades para os nosos rapaces, o concurso “PANXOLIÑADAS” onde todos os grupos dos diferentes cursos competirán cantando panxoliñas clásicas ou compostas por eles mesmos e algunha sorpresa moi doce.