Marcha de Angel Grande

Estrea desta peza musical recopilada e con arranxos de Oscar López

A Agrupación Musical da Limia, escolleu esta peza musical restaurada por Oscar López, como "himno" da banda en homenaxe aos músicos do século pasado, precursores do que é hoxe a banda de Xinzo.

Esta peza foi presentada dentro do percorrido feito polas músicas do mundo no concerto de Nadal que ofreceron na Igrexa Nova, xa tradicional nestas datas.