Xinzo de Limia

Xinzo de Limia homenaxea a Kepa Junkera

Os amigos de Kepa Junkera déronse cita este domingo en Xinzo de Limia nunha emotiva homenaxe ó artista folk.

Homenaxe a Kepa Junquera
Homenaxe a Kepa Junquera

Xinzo de Limia, a 02 de outubro de 2023.  Este domingo, a Casa da Cultura de Xinzo de Limia acolleu o fermoso homenaxe a Kepa Junkera, artista folk internacionalmente recoñecido e un dos máximos expoñentes da música en euskera.

Os organizadores do evento, xunto con Carlos Gómez, concelleiro de Cultura, conduciron un acto que estivo marcado pola emoción, pola música e pola cultura. Tamén houbo espazo para que a Pantalla, o traxe do Entroido de Xinzo, contribuise coa súa particular homenaxe ó facer soar as campás arredor de Kepa. Estiveron presentes outros membros da corporación local e representantes de Entroidos próximos.

O fermoso acto serviu ademáis como presentación do seu libro, Berpiztu, onde nos conta como foi o seu renacer tras un ictus sufrido fai agora cinco anos. O músico local Daniel Fariñas foi o encargado de ler o discurso que trouxo preparado Kepa Junkera, cargado de humor e recoñecementos para a xente da Limia.

O Concello de Xinzo de Limia quere agradecerlle a Kepa Junkera a súa contribución artística e musical ó longo de tantos anos, así coma o amor demostrado por Xinzo de Limia, pola súa cultura e polas súas tradicións.