Xinzo de Limia

Éxito na VIII edición do Torneo Toñito Maestro

No complexo deportivo da Moreira déronse cita 28 equipos, case 500 xogadores e máis de 2.500 espectadores.

Cristina Campero, concelleira de Deportes, co equipo gañador da categoría de alevíns.
Cristina Campero, concelleira de Deportes, co equipo gañador da categoría de alevíns.

Xinzo de Limia, a 02 de outubro de 2023.  Este sábado tivo lugar unha xornada chea de emoción e deportividade no complexo deportivo da Moreira. Co gallo da VIII edición do Torneo Toñito Maestro citáronse en Xinzo de Limia un total de 28 equipos, case 500 xogadores e máis de 2.500 espectadores. Este ano o memorial destacou polo seu carácter internacional, coa presenza de equipos portugueses en tódalas categorías.

No rango de alevíns, o R.C. Celta brillou como líder, seguido de preto polo Vitoria de Guimaraes. Na categoría de benxamíns, o equipo das E.D.C. Xinzo quedou en cuarto lugar e o Sporting de Braga proclamouse vencedor, recibindo ademáis un dos seus integrantes o premio ó mellor xogador do memorial. Ó remate dos 30 partidos, concelleiros da corporación local fixeron entrega dos diferentes premios.

Sen dúbida, o Torneo Toñito Maestro consolídase coma un evento deportivo de gran relevancia e unha oportunidade de encontro para equipos tanto locais coma internacionais, promovendo a camaradaría e a competición saudable no eido do deporte xuvenil, contribuindo tamén a dinamizar social e económicamente a nosa vila. O Concello de Xinzo de Limia agradece a tódolos participantes e colaboradores por facer deste evento un éxito ano tras ano.