Xinzo de Limia

Convocado o IV concurso literario Letras Galegas 2019

Infantil e xuvenil de narración curta Carlos Casares

CARTAZ IV PREMIO CASARES

O concurso rexirase polas seguintes bases:

O Concello de Xinzo de Limia, co gallo da celebración das Letras Galegas 2019, convoca a cuarta  edición do  premio literario de NARRATIVA CURTA en galego: “IV Concurso literario infantil e xuvenil CARLOS CASARES de narración curta – Letras Galegas 2019 –Concello de Xinzo de Limia. A Concellería de Cultura do Concello de Xinzo de Limia  fai públicas as bases polas que se rexerá este concurso literario, neste ano 2019, segundo aniversario da homenaxe que as Letras Galegas lle diron  ao escritor que da nome a este concurso literario, CARLOS CASARES MOURIÑO (1941-2002).                    

  • Primeira: Poderán concorrer a este premio os/as nenos/as e mozos/as que presenten, en prazo e forma, un relato escrito, inédito, da súa autoría, redactado en lingua galega, de acordo coa normativa oficial vixente.

Estilo dos parágrafos: folio DIN A4 por unha cara, en tipoloxía Times New Roman 12 ou Arial 12;  entreliña de 1,5 ou dobre, nos escritos realizados con ordenador. Admítense  tamén obras manuscritas.

Número de folios: a.-  Xuvenil: mínimo de  5 folios, máximo de 8.  b.-  Infantil:  mínimo 2 folios, máxima de 5.

          Segunda:   A temática é libre.

  • Terceira: Haberá dúas categorías:

1.- Infantil: Idades comprendidas entre o ano 2007 e posteriores. 

2.- Xuvenil: Idades comprendidas entre 2001 e 2006 (ambos anos incluídos)

  • Cuarta:  Os premios correspondentes a cada categoría outorgaranse en bonos para material escolar e libros nas librerías de Xinzo de Limia, nas categorías: Infantil 400 € / Xuvenil 600 €;  ademais, dun  diploma e placa, en todas as categorías,  outorgados polo Concello de Xinzo de Limia.
  • Quinta: O concurso faise público o martes, día 26 de marzo de 2019 e os traballos serán entregados na Casa da Cultura de Xinzo de Limia ou nos Centro de Estudos: I.E.S. e C.E.I.P. de Xinzo de Xinzo de Limia.

Prazo de entrega: Xoves, 2 de Maio de 2019,  antes das 14:00 h.

  • Sexta:  As obras entregaranse nun sobre grande no que figure por fóra só o título da obra. No seu interior, ademais do texto orixinal, deberá aparecer un sobre pequeno pechado, no que figurarán o título da obra, o nome e apelidos do/da participante, enderezo e un número claro de teléfono no que poida ser avisado/a  no caso de premio. Serán nulos os traballos que leven á vista o nome do autor/a.
  • Sétima: O fallo do xurado farase público antes do día 17 de Maio, DÍA DAS LETRAS GALEGAS. Anunciaranse coa debida antelación, en especial aos/ás gañadores/ras,  o lugar, data e hora da entrega dos premios.
  • Oitava:  O xurado, nesta  cuarta  edición, estará composto por Xavier Casares Mouriño, presidente da Fundación Carlos Casares, por persoas designadas pola Concellería de Cultura do Concello de Xinzo de Limia, entre as que estarán os escritores limiáns Rafael Laso e Edelmiro Cerredelo;  profesores de Lingua e Literatura Galegas dos centros escolares de Xinzo; profesores e técnicos de Cultura e Educación do Concello de Xinzo de Limia, así como a Bibliotecaria municipal.
  • NovenaA decisión do xurado será inapelable.  Os premios sairán da suma das puntuacións  dadas por cada un dos membros do xurado na categoría asignada. Levantarase acta do fallo do xurado.   

O premio poderá quedar deserto, se o xurado  estima que, segundo criterios de valoración literarios e lingüísticos, ningunha das obras presentadas merece ser premiada. Nalgún caso podería fallar premio “ex aequo” de dúas obras que considere igualmente merecedoras do premio,  en cada categoría. Nese caso, repartiríase o premio a partes iguais.

  •   Décima: A participación neste concurso supón a plena aceptación destas bases. Ante calquera dúbida, prevalecerá a opinión do xurado. Non se devolverán os traballos presentados, que  quedarán recollidos no arquivo municipal dos Premios Literarios “Carlos Casares”. O Concello de Xinzo de Limia resérvase o dereito, nun futuro, da publicación das obras gañadoras nas distintas edicións.

 

Xinzo de Limia, 25 de marzo de 2019