Xinzo de Limia

PROTOCOLO DE SEGURIDADE NAS FESTAS PATRONAIS

Xinzo de Limia: Vila Segura nas Festas de Santa Mariña

O alcalde, Amador Díaz, fai un chamamento á veciñanza para que “todas e todos poidamos disfrutar dunhas boas festas patronais sen ter que lamentar ningún tipo de incidente”.

Durante a reunión de seguridade.
Durante a reunión de seguridade.

Xinzo de Limia, a 11 de xullo de 2023. As Festas de Santa Mariña son as festas patronais de Xinzo de Limia. Por isto, a afluencia de visitantes durante os días nos que teñen lugar é elevada. A primeira edición do Lost in Antioquía Festival e o amplo repertorio musical e artístico para tódolos públicos, súmanse ás boas previsións meteorolóxicas para pensar que este 2023 non será unha excepción. 

Coma en todo evento de grande magnitude, os preparativos de seguridade xogan un papel fundamental. Este luns, reuníronse os técnicos reponsables dos plans de seguridade e autoprotección co Alcalde, con membros da Policía Local e Protección Civil, técnicos do Concello, comisión de Festas e concelleiros. Tras este encontro certificaron que todo está a punto para a celebración das Festas de Santa Mariña 2023

Durante os días da festa, coma de costume, contarase ademais cos seguintes equipos de intervención: Policía Local, Garda Civil, Garda Civil de Tráfico, Parque de Bombeiros de Xinzo de Limia e Protección Civil. Tamén compre destacar que o domingo, durante o festival, estará operativo un posto do CIM para dar resposta coordinada ante calquera incidente machista á maior celeridade. Ademáis, as rúas do casco vello estarán pechadas ó tráfico rodado durante os días da Festa. 

O alcalde, Amador Díaz, quixo facer un chamamento á veciñanza para que “todas e todos poidamos disfrutar dunhas boas festas patronais sen ter que lamentar ningún tipo de incidente”.

Cartel festas Santa Mariña 2023
Cartel festas Santa Mariña 2023