Imprimir

O CONSELLO DA XUNTA APROBA O ESCUDO E A BANDEIRA DO CONCELLO DE XINZO DE LIMIA

xinzodelimia.es | 13 de octubre de 2019

Os decretos que aproban o escudo e a bandeira deste municipio ourensán xa recibiran informe favorable da Comisión de HeráldicaO Consello da Xunta deu hoxe o visto e prace aos decretos que aproban a bandeira e o escudo de Xinzo de Limia, en Ourense, e que xa recibiran informe favorable na reunión da Comisión de Heráldica do pasado 23 de setembro. Este órgano consultivo, adscrito á Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, é o encargado de emitir informes vinculantes de aprobación, modificación ou rehabilitación de escudos heráldicos e bandeiras das entidades locais galegas. Segundo vén definido no decreto, o escudo é partido e medio cortado. No primeiro, de prata (branco), a banda de sabre (negro) e brochante, en orla, a cadea de ouro (amarelo). Segundo, de ouro, o galo de gules de vermello. E terceiro, de sinople (verde), dúas espigas de ouro postas en aspa. Ao timbre, a coroa real pechada. Pola súa banda, a bandeira está conformada por un pano branco, coa banda de negro e, brochante, en orla, a cadea de amarelo. Partida e medio cortada, ao batente: primeiro de amarelo, co galo de vermello, e segundo de verde, coas espigas cruzadas de amarelo.

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/concello/consello-da-xunta-aproba-escudo-bandeira-do-concello-xinzo-limia/20191013115551004258.html


© 2019 Xinzo de Limia

Concello de Xinzo de Limia

Rúa Curros Enriquez 15, 32630
Xinzo de Limia, Ourense