Imprimir

Rolda de prensa da alcaldesa e os concelleiros de Facenda e Infraestruturas

xinzodelimia.es | 08 de agosto de 2019

Traballamos dende o minuto un para demostrarlles aos veciños o prometido, que outra forma de gobernar é posible

Estas foron as primeiras verbas da alcaldesa Elvira Lama na comparecencia desta mañá ante os medios de comunicación, acompañada esta vez polos concelleiros de Facenda Manuel Pérez e Infraestruturas Rafa Penabad.

Pasou logo a expoñer as accións que se están a levar a cabo nestes escasos 50 días e as que se porán en marcha.

Continuaremos coas campañas de concienciación e información sobre a limpeza de espazos públicos para facer, tanto desta vila como dos pobos  deste concello, lugares mais agradables para vivir e sobre todo máis saudables para todos e para todas.

Esta é unha tarefa que nos atinxe a todos, pero sobre todo comezando por cada un de nos, comezando  por respetar, reducir e reciclar .

 As 3R debemos inculcarllas a poboación comezando polos máis pequenos nos colexios, implicando a toda a comunidade educativa. Esta campaña comezarémola a principios deste vindeiro curso.

VERTEDOIRO INCONTROLADO

                               Pasou Elvira Lama a explicar o tema que aparecía nos xornais sobre un vertedoiro incontrolado, denunciado polo partido Popular na pista dás Riscas. Recordoulle aos denunciantes que este vertedoiro xa foi clausurado varias veces, a instancias tanto do grupo socialista, como de outros da oposición. Dubidamos moito, comentou a alcaldesa, de que este vertedoiro aparecese de repente, cando levamos escasos 50 dias gobernando este concello. Recordoulle ao grupo popular que ese vertedoiro foi clausurado cunha axuda da Xunta cunha inversión de 19.000 €, tal e como aparece na prensa o 20 de outubro do 2018, pola consellería de Medio Ambiente.  Neste momento, continuou dicindo a alcaldesa que o expediente está comunicado a Policía Local e ós servizos correspondentes para que retiren eses restos o antes posible.

INFRAESTRUTURAS EN ESTADO PÉSIMO DE CONSERVACIÓN E MANTEMENTO

Este equipo de goberno está traballando coordinadamente dende o minuto un  tratando de resolver a inxente cantidade de problemas que deixou o partido que durante 16 anos gobernou este concello. Moitos deles teñen que ver coas infraestruturas en pésimo estado de conservación e mantemento.  Supoño continuou dicindo que, este tema sairá nalgún punto dos temas a tratar no pleno desta tarde, dando cumprida información e resposta.

MODIFICACIÓN DE ORDENANZAS MUNICIPAIS PARA FAVORECER O EMPADROAMENTO DE VECIÑOS E VECIÑAS

Anunciou a alcaldesa , que neste momento teñen porriba da mesa o estudo para modificación de algunhas taxas para favorecer o empadroamento de veciños e veciñas que aínda vivindo no noso concello están empadroados noutros concellos limítrofes. Temos a obriga de incrementar a poboación  e de fomentar as rebaixas e bonificacións que sexan posibles acometer para que sexan un punto de incentivo para que esas persoas volvan a empadroarse no noso concello, xa que están disfrutando dos nosos servizos.

REORDENACIÓN DO TRÁFICO

Iniciaranse coa Policía Local e cos técnicos de Urbanismo un estudo pormenorizado e en profundidade das necesidades de reorganizar o tráfico na vila, sobre todo en temas concretos de aparcamento e puntualmente nos accesos ao país veciño de camións de transporte de animais vivos en torno ao centro escolar Rosalía de castro.

Tamén se vai a solicitar a mellora na iluminación de pasos de peóns, tanto en rúas municipais como de outras administracións.Para elo solicitarase a colaboración das distintas administración implicadas.

Estanse a facer estudos para solicitar axudas para aforro enerxético e implantación de enerxías limpas para poder rebaixar o gasto corrente.

ORZAMENTOS DO 2020

Está na mesa da alcaldía o reto de presentación dos presupostos do 2020, para que entren en vigor o día 1 de xaneiro, no que se plasmarán todos os proxectos que se podan acometer, de acordo a  regla de gasto imposta no plan de axuste que nos deixou o goberno anterior do PP.

REBAIXAS EN VARIAS ORDENANZAS

Tomou a palabra o concelleiro de Facenda e Promoción Económica Manuel Pérez, para anunciar que de cara aos presupostos do vindeiro ano se van a revisar bastantes taxas, que neste concello son superiores aos da contorna para intentar rebaixalas . Entre elas anunciou a de licenzas de apertura. Estas rebaixas non van a ser siginifcativas no orzamento, pero si serán importantes para os afectados.

Os presupostos serán debatidos por todos os membros do equipo de goberno e como é lóxico admitiranse suxestións da ciudadanía a cal escoitaremos, como non podería ser doutra maneira, porque para iso estamos.

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/concello/traballamos-dende-minuto-demostrarlles-aos-vecinos-prometido-outra-forma-gobernar-posible/20190808161515004036.html


© 2019 Xinzo de Limia

Concello de Xinzo de Limia

Rúa Curros Enriquez 15, 32630
Xinzo de Limia, Ourense