Xinzo de Limia esquecemento

esquecemento
Cultura
Presentación Festa do Esquecemento 2025

Xinzo presenta o cartel e a programación da edición máis ambiciosa da Festa do Esquecemento, con máis de 50 actividades e un Gran Circo Romano como principal novidade

- A Alameda do Toural acolleu a presentación oficial do cartel e da programación da XXV Festa do Esquecemento, un aniversario moi especial para un dos eventos máis importantes da comarca e de toda Galicia no ámbito da recreación histórica.

- O cartel desta edición histórica representa o momento posterior á vitoria romana e caída do líder dos galaicos castrexos: un instante simbólico de gran forza visual que resume o espírito dunha festa que, desde a recreación histórica, convida a vivir o pasado sen conflitos, con orgullo e en clave de celebración colectiva.

- A A.C. Civitas Limicorum organiza a programación da XXV Festa do Esquecemento, con máis de 50 actividades completamente gratuitas durante os días 22, 23 e 24 de agosto.

 


 
Portadas
Pleno Ordinario do 10-04-2025

Unanimidade para reclamar respecto ao topónimo Xinzo de Limia

  • A Festa do Esquecemento busca o distintivo de Interese Turístico de Galicia no seu 25 aniversario

  • O Concello asume a xestión das augas de Gudín para garantir o seu uso seguro e continuado polos veciños

  • A declaración como zona vulnerable non afectará negativamente ao noso sector, segundo apuntou o alcalde no Pleno

Cultura
Noelia Caseiro, Marcos Argibay, Placer Feijóo, Ana Lozano e Ricardo Sieiro.

O Concello de Xinzo organiza o Samhain castrexo en colaboración coa Civitas Limicorum

  • O evento buscará diferenciarse do Halloween cun enfoque auténtico nas tradicións celtas e galaicas.

  • Promoverase a participación dos diversos colectivos sociais, culturais e asociativos de toda a comarca, así como das ANPA dos CEIP e IES.

  • A Festa do Esquecemento e as Vestalias marcan un ano de éxitos para a A.C. Civitas Limicorum, que agora participa do Samhain galaico-castrexo.

Cultura
Ana Lozano, Marcos Argibay, Marta Diz, Conchi Ogea e Amador Díaz.

Xinzo de Limia retrocede no tempo coa celebración das Vestalias

  • As virxes Vestais eran as encargadas de manter o lume sagrado e desempeñar rituais que aseguraban a protección e a continuidade da cidade.

  • A recreación das Vestalias reflicte o compromiso da Civitas Limicorum coa promoción e a educación sobre a historia romana.

  • Un dos momentos máis esperados será ás 21:00, co espectáculo “Magna Vestae”, que mesturará impresionantes exhibicións de lume e acrobacias.